DÍA 22 - desbloqueáronse butacas de persoas invitadas do artista para poder sacar á venda unha cota extraordinaria debida á grande acollida por parte do público da Coruña. Últimas entradas!!!
Para público en xeral
22/11/2019
Xa rematou
20.30 h (pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala)
25,00 / 30,00 € (1ª fila de principal VR: 23,00 €) (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: -20%) (Familia numerosa: -25% (só en despacho de billetes))
(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)
(Se vostede merca entradas con desconto no despacho de billetes debe mostrar o documento que acredite o desconto no momento de comprar a entrada e de acceder ao teatro)
(Se vostede compra entradas con desconto a través do teléfono ou da web, debe mostrar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o concerto)
Universalodds SL
Despois de celebrar o Goya á Mellor Canción Orixinal en febreiro, Coque Malla céntrase na composición de ¿Revolución?, o último e esperado disco, que se publicará en outubro de 2019. Coque Malla é un músico en constante reinvención, a súa única constante é o cambio, o anhelo de superar novos límites para a súa música. Con ¿Revolución? a súa faceta rupturista está máis presente que nunca. Este disco sorprendeu desde o minuto un: un vídeo de Coque rapándose a cabeza, como precuela; un cuestionamento xa no título en forma de pregunta: revolución? e a potente imaxe que o acompaña, obra do artista visual Manomatic, na que o rostro do artista combínase con figuras cargadas de simbolismo poético que cobran vida nas súas letras. Coque Malla implica o seu público, lanza unha reflexión. Non está a chamar ás filas de ningún levantamento, pregúntase e pregúntanos: é posible unha revolución? "Eu, a verdade, non son moi optimista respecto diso..." afirma, Coque. Esperemos a descubrir todos os matices dun espectáculo novo, ambicioso e coidado, no que Coque repite con esa gran banda que xa é a súa. Chega aos escenarios a Revolución?
VENDA DE ENTRADAS
Despacho da Pza. de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Colón: día do concerto (só se quedan entradas dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web
Os días 18/09/2024, 19/09/2024, 21/09/2024, 23/09/2024, 24/09/2024, 27/09/2024
Os días 05/09/2024, 06/09/2024, 07/09/2024, 11/09/2024, 12/09/2024, 13/09/2024, 14/09/2024, 19/09/2024, 20/09/2024, 21/09/2024, 24/09/2024, 27/09/2024, 28/09/2024, 29/09/2024
04/10/2024
05/10/2024
06/10/2024
Entradas á venda dende o 30 de agosto de 2024 ás 12.00 h
06/10/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible