Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Día da Ciencia na Rúa 2022

O sábado 7 de maio o parque de Santa Margarida encherase coas actividades do Día da Ciencia na Rúa

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

07/05/2022

Xa rematou

Horario:

Das 11.00 ás 19.00 horas

Enderezo:

Parque de Santa Margarida. Glorieta América s/n.

Organiza:

Organizado por Museos Científicos Coruñeses-Concello da Coruña, Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e Cátedra EMALCSA-UDC.

Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia e Innovación.

Documentos:

Plano de situación de postos e actividades (277 KB)

PROGRAMA DE ACTIVIDADES (5 MB)

Volve ao Parque de Santa Margarida o Día da Ciencia na Rúa. A festa ten como protagonistas principais ao alumnado e ao profesorado de centros educativos de diversas localidades galegas. Nesta XXVI edición 35 centros da Coruña, Betanzos, Culleredo, Ribadeo, Cambre, Carral, Coristanco, Ortigueira, Pastoriza e Miño traen con moita ilusión as actividades e experiencias que prepararon durante meses para convidar á cidadanía para descubrir, aprender e xogar coa ciencia.

No Día da Ciencia na Rúa estarán tamén presentes entidades e institucións vencelladas á actividade científica. A Universidade da Coruña participa coa Facultade de Ciencias, UDCiencia d+i, a Escola de Enxeñeiros de Camiños, a Agrupación Estratéxica do Centro de Investigacións Avanzadas (CICA), o Centro de Investigación TIC (CITIC) e a Cátedra EMALCSA-UDC.

Tampouco faltarán á cita outras institucións asentadas na cidade, como o Centro Oceanográfico da Coruña e o Instituto de Investigación Biomédica da Coruña. Sumáronse ademais nesta edición a Facultade de Física USC e a Facultade de Ciencias USAL.

Outras entidades, como a Asociación Galega de Xadrecistas-AGAX, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, Bricolabs, Ludo Sociedade Deportiva ou Gallaecia Viva, ofrecerán as súas actividades para o público que visite o Parque de Santa Margarida neste día. O desfile de cabezudos de famosos científicos, un concerto do Conservatorio de Música da Coruña, xogos e obradoiros, completarán esta xornada festiva.

Xornada de portas abertas

Ademais, os Museos Científicos Coruñeses súmanse a este día con xornada de portas abertas nos seus tres centros, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae.

Na Casa das Ciencias, no centro da festa no parque, a entrada será libre neste día. Para as sesións de Planetario deberá retirarse un convite, que se repartirá media hora antes de cada sesión.

Na Domus e no Aquarium Finisterrae será preciso reservar as entradas para gozar desta xornada de portas abertas. As reservas pódense realizar, cun máximo de 3 días de antelación, premendo nestas ligazóns:

Reservas Domus

Reservas Aquarium Finisterrae

Premio Javier Novelle

Esta edición do Día da Ciencia na Rúa quérelle render unha homenaxe a Javier Novelle, quen desde a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e durante 24 anos impulsou con grande éxito esta celebración, traxectoria interrompida polo seu falecemento.

Os premios que levan o seu nome serán un recoñecemento aos centros escolares que participan no Día da Ciencia na Rúa, nos que se destacará o aspecto máis relevante das súas presentacións.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión