Día do Deporte na Cidade
Para público en xeral
27/06/2021
Xa rematou
Horario de mañá
11.00 a 14.00 h
Horario de tarde
16.00 a 19.00 h
Servizo Municipal de Deportes
Tel.: 981 189 800
9 de xullo de 2021
Publícase a listaxe de persoas que obtiveron un obsequio no sorteo dos carnés de participación. Pode consultar a listaxe na seguinte ligazón:
Listaxe de persoas agraciadas no sorteo de obsequios.
27 de xuño de 2021
Coñecido anteriormente como o "Día do Deporte na Rúa", o concello recupera este evento co fin de fomentar a práctica deportiva, neste caso, de máis de 60 especialidades.
A xornada festiva desenvolverase das 11.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas nos seguintes puntos. Despregándoos poderá consultar todas as actividades dispoñibles en cada un deles:
Cidade Deportiva da Torre-Arsenio Iglesias
Pista de Durmideiras
Pista de petanca Santo Amaro
Xardíns de Méndez Núñez
Cidade Deportiva de Riazor
Casa da Auga
Praza de San Pablo
Praza de Tabacos
Praia de Oza
Carné do/a deportista
A cada inscrita/o entregaráselle un "Carné do/a deportista" que se irá selando en cada un dos nove puntos de actividades se a/o participante supera a actividade nun tempo prudencial e con respecto ás normas establecidas polo persoal organizador en cada punto.
Para fomentar a participación en todas as zonas e actividades, e non só nas que tradicionalmente se contan como maioritarias, algunhas actividades valerán dous selos. Ao completarse a primeira fileira con tres selos, cada participante recibirá unha camiseta e poderá participar nun sorteo de agasallos.
Por cada fileira completada, poderá optar a un novo sorteo con mellores agasallos. O resultado do sorteo publicarase na web municipal de Deportes www.coruna.gal/deportes e comunicaráselles telefonicamente ás galardoadas e galardoados.
Os premios que non sexan recollidos antes de 30 días naturais serán doados a algunha entidade benéfica da cidade.
Cada espazo de actividade terá un punto de acceso para controlar a capacidade e para efectuar o protocolo COVID con control de temperatura e hixiene de mans. Tamén contará cun equipo Covid e os espazos de maior dimensión terán un punto de saída diferenciado para favorecer circulacións fluídas.
Documentos relacionados
22/12/2024
22/12/2024
22/12/2024
31/12/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible