Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña
Iniciar sesión

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?

Encontro de barrio - autobús: Centro Cívico Monelos

O futuro do autobús da Coruña, decídelo ti!

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

06/05/2025

Dirección:

Centro Cívico Monelos. Avda. de Monelos 2. 15008 A Coruña

Organiza:

Concello da Coruña

Contacto:

participabus@coruna.gal

O Concello da Coruña está a realizar un estudo para o novo servizo de transporte urbano da Coruña. O obxectivo principal deste é realizar unha análise técnica integral do transporte público urbano da Coruña, co propósito de optimizar e mellorar a mobilidade na cidade.

Ademais, coa intención de ter o mellor retrato da cidade, o Concello pon en marcha un proceso participativo e aberto á cidadanía para recompilar información sobre as necesidades da cidadanía e dos axentes chave implicados na mobilidade, co fin de mellorar o servizo.

Que significa? Que a cidadanía poderá participar de xeito directo no proceso do deseño do novo mapa de liñas do autobús que marcará o futuro do transporte na Coruña. 

Como podo participar? O Concello abre dúas canles de participación para os coruñeses e coruñesas.

  • A través do buzón da conta de correo participabus@coruna.gal, a través do que poderán facer as súas suxerencias.

  • Asistindo a calquera dos Encontros de Barrio que se celebrarán entre os meses de marzo e xuño na cidade, inscribíndose a través do seguinte formulario.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible