Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Españul de Lamine Thior

Españul é unha viaxe de 5.000 km sen moverse da butaca, a través do cal Lamine Thior narra as súas orixes desde Senegal a Alxeciras, onde se croiou e as visicitudes que viviu como persoa negra criada en España.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

12/07/2024

Horario:

20.00 h

Duración:

1 h 30 min

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíta, ata completar a capacidade do auditorio.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga.
  • Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.
  • Por motivos de seguridade e evacuación, non está permitido entrar con carriños nin cadeiras de bebé.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade

Organiza:

ONG Viraventos

Un monólogo de 90 minutos cheo de contrastes culturais cos seus amigos, a peculiar relación que ten coa súa nai e a súa primeira conciencia da existencia do racismo, o que supón pasar de ser un"neno negriño adorable" a un "negro adulto criminalizado".

Co seu estilo de comedia Story Teller, Lamine convídanos a analizar os nosos prexuízos a través de historias con transfondo social que sempre acaban con finais rocambolescos, rompendo con inesperados gags de humor sobre os seus intentos infrutuosos de ligar, que unha e outra vez o levarán a momentos en grao sumo surrealistas.

Unha experiencia única con momentos de reflexión e unha mensaxe interna moi poderosa de superación e de derruba de barreiras na que as risas están aseguradas.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión