Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?

Estudios Abertos 2025

Xornada de portas abertas nos estudios para a dinamización das artes plásticas da cidade

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

10/05/2025

Horario:

Das 11.00 ás 21.00 horas

Prezo:

Acceso gratuíto

Organiza:

Concello da Coruña

O Concello da Coruña organiza anualmente unha xornada de portas abertas nos estudios de artes plásticas da cidade baixo o nome de Estudios Abertos. Esta iniciativa reunirá este 10 de maio a 39 artistas e espazos da cidade, que lles amosarán aos coruñeses e ás coruñesas o seu traballo.

Participarán profesionais das diferentes disciplinas artísticas: escultura, pintura, fotografía, ilustración, debuxo, cerámica ou multidisciplinar. O acceso para a cidadanía é gratuíto e os estudios contarán con programación propia durante toda a xornada, que incluirá a participación de artistas invitados/as e outras sorpresas.

O obxectivo desta xornada é coñecer de primeira man as/os artistas coruñesas/es, os seus centros de traballo e creación e os seus procesos creativos. Son todos eles e elas profesionais radicados/as na cidade e que desenvolven o seu traballo nela.

Estudios Abertos 2025 - Plano de situación

Consulta o plano de situación desta edición: Estudios Abertos 2025 - Plano de situación

  • Estudios Abertos

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible