Cada mañá máis de sete mil millóns de persoas espertan e mergúllanse de cheo no latexo da natureza, deixando que o ritmo frenético do cotián difumine o que nos quere mostrar. Respiramos o seu aire, percorremos os seus camiños e mergullámonos nos seus mares, pero non somos capaces de deternos a contemplar a súa arte.
Para público en xeral
Dende o 18/09/2019 ata o 20/10/2019
Xa rematou
Dársena de la Marina. 15002 A Coruña
gratuíto
A natureza é creación, evolución e beleza e isto supón, para Cristóbal Serrano, un reto omnipresente na procura dunha elegante composición e unha estética delicada, que aplica tamén ás súas fotografías baixo o mar.
Destacado pola crítica a nivel internacional, os premios recibidos só en 2018 dan unha idea da relevancia da súa obra: primeiro premio nas categorías "Animal Behaviour: Mammals" e "Creative Visions" do prestixioso concurso Wildlife Photographer of The Year; gañador absoluto no European Wildlife Photographer of The Year (GDT); e gañador absoluto no certame internacional de fotografía de natureza "Memorial María Luisa".
Baixo unha visión fotográfica conectada coa arte, Serrano presenta na Coruña unha exposición con obras de gran formato e temática exclusivamente mariña. Fiel ao seu estilo -o seu traballo sempre xira arredor da premisa "A arte da creación é a arte da natureza"-, o recoñecido fotógrafo mostrará toda a beleza que se oculta debaixo das augas do océano. A exposición presenta imaxes inéditas nunha produción específica para Mar de mares. O festival consolida a súa vocación de chegar a toda a cidadanía sacando a arte a un espazo público, a Dársena da Mariña.
Cristóbal Serrano protagonizará un encontro inspirador, o sábado 21 de setembro ás 20.00 horas na Domus, en que o público coñecerá as claves do seu traballo.
Encontro inspirador con Cristóbal Serrano: A arte da natureza
Dende o 12/08/2024 ata o 30/09/2024
Dende o 12/08/2024 ata o 08/01/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible