Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Exposición Manuel María. Beleza, amor e compromiso (1929-2004)

Mostra divulgativa que nos achega de xeito ameno e gráfico a traxectoria vital e literaria de Manuel María.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 14/10/2024 ata o 18/10/2024

Xa rematou

Horario:

Das 8.00 ás 21.00 horas. De luns a venres.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

de balde

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

A Asociación veciñal Agra quere homenaxear esta semana o seu presidente de honra, Manuel María, ofertando no programa Agra no Ágora esta exposición e a representación de "O auto do Castromil" este xoves, 17 de outubro, ás 20.15 h no auditorio.

A exposición, comisariada pola Casa-Museo Manuel María, reflicte a personalidade e evolución da obra de Manuel María, así como distintos aspectos da súa figura, como a identificación coa terra e a paisaxe, o compromiso coa lingua, a diversidade de xéneros, o seu papel na literatura infantil galega ou a súa actividade política nacionalista. A mostra está composta por dez paneis elaborados a partir do material achegado pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos.

Como todas as actividades do programa "Agra no Ágora", a exposición e o espectáculo teatral son de acceso libre e gratuíto. O programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión