Falando a boca chea é un festival de narración oral con narradores e narradoras galegos/as que comparten os seus relatos variados con espectáculos dirixidos a diferentes tipos de público.
Para público en xeral
Dende o 26/04/2022 ata o 30/04/2022
* Inicio de vendas o luns 21 de marzo ás 10.00 h
Xa rematou
Prezo das entradas:
Venda anticipada (ata ás 23.59 h do día anterior): 5,00 €. Venda no despacho de billetes do Fórum: 7,00 €; e 6,00 € para +65 anos, persoas desempregadas e carné xove.
Venda de entradas a través da web https://ataquilla. com; no Despacho Central de billetes da praza de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h. E no despacho de billetes do Fórum, unha hora antes de cada función (se quedan entradas dispoñibles).
- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.
- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
forum@coruna.gal
Grupo amador de narración oral Cédoche a palabra, Historias de vida e alumnado do concurso de monólogos do SME
Vestíbulo do Fórum Metropolitano ás 19.00 h.
Entrada libre ata completar a capacidade.
Un espectáculo para todos os públicos
Vestíbulo do Fórum Metropolitano ás 19.00 h
Entrada libre ata completar a capacidade.
Poucos textos poden mellorar o que para min é o mellor chiste da historia:
"Dous borrachos están na barra dun bar e dille un ao outro: A túa cara sóame de algo.
Home... somos irmáns...
Non... doutra movida!! "
Auditorio do Fórum Metropolitano ás 20.30 h
* Prezo das entradas: venda anticipada (ata as 23.59 h do día anterior á función): 5,00 €.
Venda no despacho de billetes do Fórum: 7,00 €; e 6,00 € para +65 anos, persoas desempregadas e carné xove.
Sesión para nenos e nenas de 2 a 4 anos
Biblioteca do Fórum ás 17.30 h
Entrada con invitación
A lúa está sempre aí observándonos coas súas mil caras. Coñece as historias dos corpos que se abalan nas sombras, as alegrías e os medos, os soños que os desvelan. A mirada, o silencio e, como non, a palabra son as protagonistas dalgún destes relatos de tradición oral procedentes de distintas partes do mundo, outros da propia narradora, para gozar das noites de lúa...
Vestíbulo do Fórum Metropolitano ás 19.00 h
Entrada libre ata completar a capacidade.
Quico Cadaval é unha vella gloria da arte de contar contos neste país. Partindo dunhas historias escoitadas na infancia e unha vocación de ocupar espazo teatral, participou nos anos noventa do século pasado da variedade de contadores de historias, charlatáns e lingoreteiros. A arte de contar historias pasou dos campos aos bares, e de aí das universidades aos teatros.
* Prezo das entradas: venda anticipada (ata as 23.59 h do día anterior á función): 5,00 €.
Venda no despacho de billetes do Fórum: 7,00 €; e 6,00 € para +65 anos, persoas desempregadas e carné xove.
Pasei a miña infancia escoitando as lendas que contaron as pedras de tempos máxicos e remotos. Palabras na boca da miña nai, palabras na boca da miña avoa, palabras que me alimentaron e me fixeron crecer.
Deambulando entre historias vividas e lidas namoreime. Palabras na boca traio para compartir e crear relatos coa miña voz... e coas miñas mans.
Sesión para nenos e nenas de 2 a 4 anos
Biblioteca do Fórum ás 17.30 h
Entrada con invitación
Un espectáculo para todos os públicos
Vestíbulo do Fórum ás 19.00 h.
Entrada con invitación
Cando era meniña non me contaron moitos contos, pero si me abriron as portas a moitas intrigas que me fixeron buscar as historias onde podía: nos libros, nas voces das persoas que coñecía ou descoñecía. Despois de dedicarme á narración oral como profesión, oficio artístico, dende hai máis de vinte anos, descubrín que os contos veñen a min. Son contos que comparten as persoas que precisan lembrar e que queren que lembremos, que falan de quen somos, de onde vimos. Dalgún xeito, responden as grandes preguntas, gardan os misterios, perseguen facerche sorrir, rir, pero, sobre todo, buscan facernos sentirnos a gusto, en boa compaña.
Auditorio do Forum ás 20.30 h
* Prezo das entradas: venda anticipada (ata as 23.59 h do día anterior á función): 5,00 €.
Venda no despacho de billetes do Fórum: 7,00 €; e 6,00 € para +65 anos, persoas desempregadas e carné xove.
O espectáculo realmente é un monólogo ao máis puro estilo "Stand Up Comedy" con textos doutros "Feirantes" de Álvaro Cunqueiro.
Un espectáculo para todos os públicos
Vestíbulo do Forum ás 19.00 h
Entrada libre ata completar a capacidade.
A través da palabra e a música de tradición oral percorreremos historias que falan da xente común. Protagonistas de historias de amor, de liberdade e de desobediencia, porque somos un pobo que discrepa e temos unha peculiar forma de enfrontarnos á vida e á morte.
Auditorio do Fórum ás 20.30 h
* Prezo das entradas: venda anticipada (ata as 23.59 h do día anterior á función): 5,00 €.
Venda no despacho de billetes do Fórum: 7,00 €; e 6,00 € para +65 anos, persoas desempregadas e carné xove.
VENDA DE LOCALIDADES
Actividades relacionadas
12/04/2025
12/04/2025
Os días 10/04/2025, 11/04/2025, 12/04/2025
Os días 10/04/2025, 11/04/2025, 12/04/2025
12/04/2025
Os días 08/04/2025, 09/04/2025, 10/04/2025, 11/04/2025, 12/04/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible