Festival de poesía, baile e música organizado pola Asociación vecinal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”
Para público en xeral
30/05/2019
Xa rematou
20:30 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Asociación vecinal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"
Gozaremos da música tradicional con varios colectivos da asociación (Cantareir@s.comTIGO, Bailador@s da vida, Pandereteir@s da paz) e o grupo Parabéns.
O colectivo Recitador@s de soños achegaranos á poesía galega.
Na edición deste ano o Concello da Coruña financia a actuación da Coral da Asociación cultural e musical Solfa, cun repertorio constituído por obras de diferentes estilos e temas: clásicos, portugueses, brasileiros... e sempre cun lugar destacado para os temas populares galegos e para as composicións sobre textos de poetas galegos. Solfa estreou varias obras de compositores vinculados ao coro: Xosé Carlos Seráns e Francisco Tobar, actual director.
22/11/2024
22/11/2024
22/11/2024
27/11/2024
28/11/2024
29/11/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible