A XXXIV edición da Mostra de Teatro Escolar finalizará coa representación das obras gañadoras e a entrega de premios o venres 6 de xuño, ás 17.00 horas, no Fórum Metropolitano.
Para público en xeral
06/06/2025
A "Mostra de Teatro Escolar", programa educativo que busca potenciar, promover e difundir a actividade teatral feita por escolares entre o alumnado dos centros educativos do concello, pon fin á súa XXXIV edición cunha gala final que se realizará o venres 6 de xuño, ás 17.00 horas, no Fórum Metropolitano.
Nesta gala representaranse as obras dos grupos gañadores de cada categoría, nunha celebración da creatividade, o talento e o traballo colaborativo do alumnado coruñés.
O xurado, composto polos actores e directores teatrais, Ramiro Neira e José Leis, e pola técnica de Educación, Ana Judel, elixirá a mellor representación en cada unha das categorías (infantil, primaria e secundaria) e poderá propoñer mencións especiais.
Os criterios de valoración terán en conta: a dramatización da obra, a orixinalidade ou a adaptación do texto, a escenografía e iluminación, o vestiario e maquillaxe, e a corrección e fluidez lingüística.
Cada grupo gañador recibirá un cheque por valor de 100 €. As posibles mencións non terán premio económico.
Dende o 07/04/2025 ata o 31/05/2025
Dende o 17/03/2025 ata o 03/06/2025
Dende o 08/01/2025 ata o 13/06/2025
Dende o 03/06/2025 ata o 16/06/2025
Dende o 25/02/2025 ata o 27/06/2025
Dende o 25/06/2025 ata o 30/06/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible