Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?

Gargallada, novas xeracións na comedia: gala de presentación dos monólogos

A gala final do programa, na que os/as alumnos e alumnas presentarán os seus monólogos, terá lugar o xoves 27 de marzo, ás 17.00 horas, no auditorio do Ágora.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

27/03/2025

Xa rematou

Horario:

A gala comezará ás 17.00 horas e terá unha duración máxima de 2 horas.

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

A edición 24-25 do programa educativo "Gargalladas. Novas xeracións na comedia", organizado polo Concello da Coruña a través do Servizo de Educación, chega ao seu fin o vindeiro xoves 27 de marzo, coa celebración dunha gala final na que os/as representantes de cada grupo defenderán os seus monólogos finais.

A gala, que terá lugar ás 17.00 horas no auditorio do Centro Sociocultural Ágora (Lugar da Gramela 17, 15010, A Coruña), terá unha duración máxima de dúas horas e contará cun formato profesional, divertido e televisivo. O evento contará coa participación de figuras destacadas do humor local, vídeos, premios e a gravación dos monólogos para a súa difusión nas canles do concello.

Gargalladas, un programa para "partirse de risa"

O programa educativo "Gargalladas. Novas xeracións na comedia", busca dinamizar o uso da lingua galega a través do humor, o formato monólogo e a expresión oral, proporcionándolle ao alumnado unha experiencia creativa e enriquecedora en colaboración con humoristas profesionais.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible