Parecería que para Helga Fanderl filmar e vivir son a mesma cousa. Os cortes faríanse entón de acordo ao ritmo dos latexos do corazón, cada movemento da cámara flúe coa respiración, e cada negro sería un movemento de pálpebra.
Para público en xeral
02/06/2017
Xa rematou
19.30 h
Palacio de Exposicións e Congresos - Palexco. Peirao de Transatlánticos s/n. 15003 A Coruña
Actividade aberta ao público ata completar a capacidade.
Cun dominio absoluto da ferramenta, a cámara de super 8, e unha compenetración coa mesma case sobrenatural, Helga Fanderl conseguiu un corpus de películas tan delicadas como poderosas e emocionantes. Animais, reflexos na auga, plantas e árbores, pequenos detalles captados ao voo na rúa, amigos, actividades cotiás: motivos sinxelos que adquiren unha beleza e unha aura inefable, froito da observación atenta e a comuñón co que o rodea. Películas espontáneas froito dun saber xa instintivo, editadas en cámara, dispostas en ramalletes a modo de sesións que a mesma cineasta compón. Unha segunda montaxe que debuxa ritmos e resonancias en cada sesión, e que converten cada proxección nun evento único. Nada en Alemaña, Fanderl atopou en 1986 o cinema como modo de expresión. Desde entón, filmou arredor de mil películas de curta duración. Velaquí unha mostra do seu traballo nun programa que ela mesma titulou "Resonancias", feitos entre 1991 e 2016. O título de cada película fala de seu, en canto a descrición do seu contido.
Leopard (Leopardo)
Laub (Follas)
Rost (Óxido)
Container, Gläser (Vasos)
Gelbe Blätter (Follas amarelas)
Strom (Arroio)
Vögel am Checkpoint Charlie (Paxaros en Checkpoint Charlie)
Ostberlin (Berlín Leste)
Tunnel (Túnel)
Aus dem Empire State Building (Desde o Empire State Building)
Tortelloni
Wilde Wasser (Augas salvaxes)
Eisbär (Oso polar)
Für M. (Para M.)
Wassertanz II (Baile acuático II)
Schlittschuhlaufen (Patinaxe)
Yali, Abendglitzern (Escintilación nocturna)
Nachmittagslicht (Luz vespertina)
Kakibaum III (Árbore de Caqui III)
Große Wasser (Grandes augas)
Sesión íntegramente proxectada en 16mm.
Dende o 12/08/2024 ata o 08/01/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible