Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?

Horizontes: Unha exposición Itinerante de Arte Contemporánea en Plataforma14

A arte contemporánea toma os espazos culturais da Coruña, Pontevedra, Monção e Intxaurrondo coa chegada de HORIZONTES, unha exposición itinerante xestionada polos curadores Noela Paz e Iñigo Barreiro

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 25/01/2025 ata o 15/02/2025

Xa rematou

Horario:

De luns a sábado, de 10 a 14 h. e de 17 a 20 h.

Enderezo:

Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Contacto:

PLATAFORMA 14

Fórum Metropolitano

Rúa Río de Monelos, 1, 15006 A Coruña

Tel: 981 18 42 93

Nesta exposición, catorce artistas en formación súmanse para reflexionar sobre a relación entre o ser humano e o medio que habita. Desta maneira variedade de técnicas como a pintura, fotografía, vídeo, cerámica e ensamblaxe conviven nesta exposición. Tras a inauguración da súa itinerancia na sala O Abrigo de en a Facultade de Belas Artes de Pontevedra, agora mesmo Horizones pode ser visitada na cidade de Coruña ata o 15 de febreiro, no espazo Plataforma 14 do Fórum Metropolitano.

A exposición ten como obxectivo ofrecer un espazo para reflexionar sobre os "horizontes" tanto físicos como simbólicos, conectando aos asistentes con perspectivas únicas a travésde as artes visuais. "A intención da exposición era a de mostrar diferentes perspectivas do medio convivindo nun mesmo espazo, por iso parecíanos interesante crear unha exposición itinerante; desta maneira a exposición podería chegar a un público que puidese vela con diferentes ollos", afirman os seus comisarios.

Horizontes é moito máis que unha mostra artística; é "un espazo para cuestionar e reimaginar, un limiar entre o individual e o colectivo". Os artistas que acolle esta exposición son Ada Pérez Valiño, Ana Allegue, Ángel Raquidiam, Ángela Estévez, Carolina Ferro Rumoroso, Chary Docal, Chuvia Lago, Ismael Prieto Costas, Luca Rodríguez, Lucía Leirós Porto, Manuel Balsas Navarro, Mónica Pérez Gregorio, Pablo Martínez Romero e Río Marbán Alonso, seleccionados nunha convocatoria aberta impulsada polos comisarios nas súas redes sociais. Todos eles son estudantes e antigos alumnos da facultade pontevedresa fóra de quen Raquidiam cursou esta titulación na Universidade de Castela-A Mancha.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible