Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

INTERSECCIÓN 2024 - Festival Internacional de Cinema da Coruña

O festival presenta unha nova sección, Clásicos Modernos, que proxectará as películas de Clint Eastwood e Michael Mann no Teatro Colón de Coruña

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 25/10/2024 ata o 26/10/2024

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade

Páxina web:

https://www.interseccion.gal/

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

INTERSECCIÓN - Festival Internacional de Cinema da Coruña inaugura a Sección Clásicos Modernos na que se proxectarán no Teatro Colón en versión orixinal subtitulada Sen Perdón de Clint Eastwood, quizais o último gran western do cinema americano e a obra mestra do seu director; e tamén Corrupción en Miami, de Michael Mann, adaptación cinematográfica da famosísima serie dos anos 80 e un novo golpe na mesa do mestre do thriller contemporáneo.

O programador Javier Trigales presentará as proxeccións que forman parte de Clásicos Modernos. A nova sección do festival nace en relación coa retrospectiva que este ano INTERSECCIÓN dedica ao colectivo austríaco Total Refusal.

Total Refusal autodefínese como "unha guerrilla mediática pseudomarxista" centrada na intervención artística e a apropiación dos videoxogos convencionais para revelar o aparello político que se agocha tras destes medios. O colectivo aprópiase dos recursos dos videoxogos e traballan co seu transfondo e discurso para poñelos ao servizo da sociedade e crear espazos de debate públicos. Sen Perdón e Corrupción en Miami riman e crean ecos co traballo que está a facer Total Refusal.

O venres 25 de outubro ás 20.00 h poderase ver Sen Perdón, de Clint Eastwood e o sábado 26 de outubro ás 18.00 h poderase ver Corrupción en Miami. Javier Trigales presentará ambas as sesións, que contarán tamén coa presenza de dous membros do colectivo Total Refusal, Adrian Haim e Robin Klengen.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión