Mediante os espectáculos "Levántate, Xan", de Caxoto, creamos unha sesión multidisciplinar na que, a través da palabra, da música en directo, do xogo e da complicidade das familias; levamos as crianzas a unha aprendizaxe do mundo animal, da lingua e dos sons.
Familias con crianzas de 1 a 3 anos
Familias, Para público en xeral
18/02/2020
Xa rematou
Dende o 12/02/2020 ata o 18/02/2020
A inscrición comezará ás 10.00 h. Para crianzas entre 1 e 3 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. Se por algún motivo non se puidese vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Dous pases: 17.00 e 18.30 h
45 min aprox.
De balde e con inscrición previa
Normalización Lingüística
981 184 200 ext. 34333
É hora de deitarse na granxa. Xan revisa que todas as tarefas estean feitas: fixo os deberes, limpou os dentes, fixo pis, puxo o pixama... e marchou para a cama. Pero esqueceu algo moi importante: DARLLES A CEA AOS ANIMAIS!!!
Ao día seguinte, o galo érguese cedo como cada día para espertar o sol, pero ten tanta fame que non pode cantar! E todo o mundo sabe que se o galo non canta, o sol non se levanta, e se o sol non se levanta, Xan nunca espertará e non lles dará de almorzar. Que desastre!
Historias, xogos e cantigas en que os animais da granxa son os verdadeiros protagonistas.
A actividade desenvolverase nas aulas do Centro Ágora e haberá dous pases: ás 17.00 e ás 18.30 h.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Entidades
19/10/2024
19/10/2024
Dende o 14/10/2024 ata o 19/10/2024
22/10/2024
Dende o 15/10/2024 ata o 22/10/2024
Require inscrición
22/10/2024
Dende o 18/10/2024 ata o 22/10/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
24/10/2024
Dende o 17/10/2024 ata o 24/10/2024
27/10/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible