Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

#LunsDeEncontros: Encontro coas autoras M.ª Isabel Cagiao e M.ª Isabel Ramos

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

17/06/2024

Xa rematou

Inscricións:

Acceso libre ata completar a capacidade

Horario:

Das 19.00 ás 20.00 h

Duración:

1 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O luns 17 de xuño ás 19.00 h teremos o encontro entre as escritoras María Isabel Cagiao Branco e Isabel Ramos Breijo na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano dentro do Programa #LunsDeEncontros.

Acceso libre ata completar a capacidade.

A escritora novel naronesa María Isabel Cagiao Branco presentará na biblioteca as súas dúas primeiras novelas, Gomets e Gomets II, la casa de encuentros.

Estas dúas obras foron publicadas pola editorial Diversidad Literaria en 2021 e 2022 e forman parte do que nun futuro próximo será unha triloxía. En palabras da propia autora, as novelas están a ter unha boa acollida entre o público lector, que adoita identificarse con algún dos personaxes, coa contorna e coa temática que abordan as obras.

Isabel Ramos Breijo, nada en Ortigueira, amante da escritura dende moi nova, comeza no mundo do teatro con Roberto Leal, para incorporarse máis tarde ás escolas de teatro de Narón con Luis Ramos, onde participa durante varios anos como parte activa do grupo TEN, co que representou varias obras. Alí coñeceu a María Jesús Guillén (Fusa), coa que fixo o curso de perfeccionamento. Colabora con diversas asociacións culturais e publicou os seus primeiros relatos na revista literaria Amigos da poesía e a literatura, de Narón. Ademais, colabora en distintos obradoiros literarios, entre outros, "Pluma encendida".

Presentará os seus dous libros "Hasta el infinito y más allá" e "El secreto de Andrea".

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión