Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

#LunsDeEncontros: Presentación do libro "Final de adolescencia" de Sergio Diez

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

07/10/2024

Inscricións:

Acceso libre ata completar capacidade

Horario:

De 19.00 h a 20.00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O luns 7 de outubro ás 19 h. na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano teremos a presentación do libro "Final de adolescencia" de Sergio Diez Sánchez, publicado polo editorial Talón de Aquiles.

O acto será presentado por Paula Ramos, escritora e xornalista, autora da novela "Cuando no recuerdes mi nombre''.

Sinopse:

Final de adolescencia é un libro sobre a melancolía, o humor e o amor, o paso do tempo, os medos e aquelas profecías que, por sorte, non sempre se cumpren. É unha viaxe poética que abarca quince anos e que, no seu interior, contén ademais algúns relatos breves e un par de ensaios.

Comeza con algúns dos poemas recentes do escritor, que se inspiran en viaxes familiares, na historia antiga, en artigos dun xornal ou na vida en parella. De aí asomámonos á mocidade do poeta, chea de intensidade, plenitude, con textos máis depurados e tranquilos que reflicten mellor a súa forma actual de estar no mundo. E é tamén un paseo por algunha desas lecturas que marcou en todo ese tempo: de Lorca a Miguel Hernández, de Walt Whitman a Georges Brassens, de Wislawa Szymborska a Cavafis.

Biografía:

Sergio Diez Sánchez (Madrid, 1993) é escritor. Estudou Xornalismo e Dirección cinematográfica. Viviu un ano en Reino Unido. A súa traxectoria levoulle por redaccións de xornais, pola radio e por algunha que outra axencia de comunicación. Gústalle estar arrodeado de libros e de cinema, e procura ir a todas partes cun bolígrafo e un caderno.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión