Contos para bebés
Familias, Infancia
01/10/2024
Ya ha finalizado
Desde el 27/09/2024 hasta el 01/10/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
35 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Manual para deitarse... e durmir.
Moi poucos nenos e nenas hai que se vaian para a cama de boa gana. Normalmente os preliminares a deitarse convértense nun proceso lento e exasperante no que calquera escusa se aproveita para atrasar o temido momento de apagar a luz e durmir. Limpar os dentes, facer pis, poñer o pixama, xogar co rolo de papel hixiénico, fantasear coas sombras da escuridade... convértense cada noite en pequenas aventuras que atesourar antes de conciliar o sono. Neste espectáculo Caxoto regresa a estes intres antes de deitarse e convérteos nunha función de contos chea de aventuras, misterios sen resolver, visitas inesperadas,... e así desfrutar dunha viaxe á nosa nenez da man das nosas crianzas.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases:
Hai que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible