Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Meixeverso

Meixeverso é un show de humor. Unha gala de premios. Unha sala de cinema. Pero sobre todo unha oportunidade para conectar cun dos creadores de contido máis punteiros do momento. E en persoa é máis alto, xa por iso deberías ir tamén.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/12/2024

Horario:

20.00 h

Duración:

80 minutos

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea: 16,00 €

Palco central: 16,00 €

Palco lateral: 16,00 €

Principal: 14,00 €

1ª fila de principal, visibilidade reducida: 12,00 €

desconto do 20% para carné novo, maiores de 65 anos, persoas desempregadas

desconto do 25% para familia numerosa

*Os descontos aplicaranse previa presentación do documento que acredita o desconto

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

http://www.teatrocolon.es/es/

Organiza:

Etiqueta Negra Producións SL

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

Pablo Meixe caeu na conta de que ao longo e ancho dos distintos planos da realidade pódense atopar personaxes curiosos que poñen a proba o tecido da graza e o chiste. As adolescentes xa non escoitan K-Pop e os cuñados deixaron de dar consellos sobre coches de segunda man, indicando que o mundo está a piques de colapsar. Un mozo deberá utilizar todas as súas versións para salvar o multiverso: Pablo (Meixe) convídanos a unha viaxe chea de humor no que falará das súas vivencias, explicará as súas desventuras e coñeceremos por que m*rda aínda non o botaron do teatro.

VENDA DE ENTRADAS

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h
  • Despacho de billetes do Teatro Colón: desde dúas horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • www.ataquilla.com

Tamén che pode interesar...

  • Ciclo Principal: Tan solo el fin del mundo

    Cando:

    Dende o 13/09/2024 ata o 14/09/2024

  • "Palabras", de Baobab Teatro (auditorio)

    Cando:

    17/09/2024

    Inscricións:

    Dende o 13/09/2024 ata o 17/09/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

  • "Estrafalaria", de Xarope Tulú

    Cando:

    24/09/2024

    Inscricións:

    Dende o 20/09/2024 ata o 24/09/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • Bulebule - Os Náufragos Teatro

    Cando:

    27/09/2024

  • Ciclo Principal: Don Ramón María del Valle-Inclán

    Cando:

    Dende o 27/09/2024 ata o 28/09/2024

  • Gran Gala Internacional de Ilusionismo GALICIA ILUSIONA

    Cando:

    Dende o 03/10/2024 ata o 04/10/2024

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión