Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Momix presenta ALICE

Coñecida internacionalmente polas súas obras de excepcional inventiva e beleza física, a compañía de bailaríns-ilusionistas dirixida polo aclamado coreógrafo Moses Pendleton volve aos escenarios españois co seu novo espectáculo: Alice.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 19/11/2024 ata o 20/11/2024

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea: 38,00 €

Palco central: 34,00 €

Palco lateral: 34,00 €

Principal: 30,00 €

1.ª fila de principal, visibilidade reducida: 28,00 €

Desconto do 20% para Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas

Desconto do 25% para familia numerosa

*Os descontos aplicaranse logo da presentación previa do documento que acredita o desconto.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

http://www.teatrocolon.es/es/

Organiza:

Zusup Producciones, AIE

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

Mesturando á perfección ilusión, acrobacia, maxia e fantasía, MOMIX fai voar o público polo tobo do coello con esta nova creación, unha persoal e totalmente libre adaptación dunha das historias máis reconocibles, caprichosas, entretidas e máxicas da literatura universal: Alicia no País das Marabillas, publicada en 1865 por Lewis Carroll.

Cunha brillante utilización de luz, sombras, atrezo e o propio corpo humano, MOMIX asombrou o público dos cinco continentes durante máis de 40 anos.

VENDA DE ENTRADAS

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Teatro Colón: dende dúas horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • www.ataquilla.com

Tamén che pode interesar...

  • Ciclo Principal: Tan solo el fin del mundo

    Cando:

    Dende o 13/09/2024 ata o 14/09/2024

  • "Palabras", de Baobab Teatro (auditorio)

    Cando:

    17/09/2024

    Inscricións:

    Dende o 13/09/2024 ata o 17/09/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

  • "Estrafalaria", de Xarope Tulú

    Cando:

    24/09/2024

    Inscricións:

    Dende o 20/09/2024 ata o 24/09/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • Bulebule - Os Náufragos Teatro

    Cando:

    27/09/2024

  • Ciclo Principal: Don Ramón María del Valle-Inclán

    Cando:

    Dende o 27/09/2024 ata o 28/09/2024

  • Gran Gala Internacional de Ilusionismo GALICIA ILUSIONA

    Cando:

    Dende o 03/10/2024 ata o 04/10/2024

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión