Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Monólogo de Isabel Risco: Detrás de quen?

Xa é tempo, é preciso e vital que a muller, en todos os eidos da sociedade, tome o protagonismo, cando menos que esta lle permita a aquela vivir nun plano de absoluta e total igualdade.

A quen vai dirixido:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

30/03/2017

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 19.00 a 20.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

Tel.: 981 184 298

É sobre esta conciencia da igualdade de xénero o que marca o rumbo para a construción desta pequena intervención teatral e así intentar axudar ás e aos espectadores a recapacitar e reflexionar sobre a figura da muller ao longo da historia e na actualidade, e a un tempo redescubrir, redimensionar e mesmo desmontar o vello tópico "detrás dun gran home siempre hai unha gran muller", remexéndoo para así mostrar e destapar o feito de que moitas mulleres son as responsábeis de grandes fitos históricos, grandes revolucións e grandes avances malia non teren sido recoñecidas no seu eido.

Reivindicando as mulleres que, nun mundo masculino e patriarcal, foron quen de facerse un oco por si mesmas e cunha chea de atrancos, sendo fortes para, non só utilizar armas masculinas, senón, e o que é máis importante, transformalas, así como tamén os seus roles, comportamentos, estilos de vida, dotándoos dun novo prisma, e abrindo un novo camiño, agardamos que sen retorno, para reflexionarmos e ir transformando a nosa sociedade nunha máis xusta e igualitaria. Para iso convidamos a mulleres do noso pais que forman parte da nosa historia agochada, intentando darlles vida e traéndoas ao presente, xa que existen, dun modo ou outro, a través de mulleres anónimas, e mesmo tamén reflectíndoas no futuro, intentando darlle sempre un punto de vista relaxado e buscando a comicidade tanto nas situacións que a súa historia nos puidera ofrecer como nas posíbeis relacións que se poidan estabelecer.

Actividade dentro do cliclo temático "O mundo en feminino"

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión