A exposición fotográfica recolle unha serie de retratos de mulleres pertencentes á etnia Maya Mam. Mulleres líderes e protagonistas do proxecto “Fortalecemento das capacidades de incidencia política e xeración de alternativas produtivas en mulleres Maya Mam do municipio de Santa Bárbara Huehuetenango. Fase II” que Educo desenvolve co apoio da Xunta de Galicia.
Para público en xeral
Dende o 27/11/2023 ata o 11/12/2023
Xa rematou
De luns a venres de 08.00 h a 21.00 h
Sábados de 09.00 h a 14.00 h e de 16.00 a 21.00 h
Entrada libre
https://www.educo.org/blog/mujeres-mam-toman-las-riendas-de-sus-vidas-en-guat
ONG Educo
educo@educo.org
900 535 238
Mulleres Maya Mam: Nutrindo raíces, transformando vidas (1 MB)
Este traballo expositivo busca achegar a sociedade galega ás historias que evidencian as problemáticas que arrodean á muller indíxena en Guatemala e a súa procura de desenvolvemento social. Ao tempo, póñense de relevo a importancia da cooperación descentralizada no desenvolvemento dos países máis empobrecidos e con maiores dificultades.
Os Maya Mam son un grupo étnico indíxena que reside principalmente na rexión montañosa do departamento de Huehuetenango. A súa cultura e tradicións teñen profundas raíces ancestrais e persistiron a través de xeracións a pesar dos desafíos que enfrontaron e enfrontan aínda na actualidade. A situación da muller maya mam en Huehuetenango reflicte unha complexa intersección de factores culturais, sociais e económicos. Aínda que as mulleres desempeñan un papel esencial na comunidade e na familia, a súa voz e poder na toma de decisións foron historicamente subestimados.
Dende o 20/02/2025 ata o 27/04/2025
Dende o 25/03/2025 ata o 03/05/2025
10/05/2025
Dende o 02/05/2025 ata o 15/05/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible