Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ningún hombre me llevará a la cumbre

A artista Celeste Gonzalez presentará o seu espectáctulo teatral como parte da programación do I Congreso Internacional Corpos, Xénero e Sexualidade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

12/03/2022

Xa rematou

Horario:

20.00 h 

Pídese puntualidade, unha vez comenzado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala. 

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada de balde ata completar o aforo. 

Organiza:

Rede Galega de Estudos Queer

Somos un grupo de persoas a cabalo entre a academia e o activismo que quere dar visibilidade e movemento aos estudos de xénero e LGBTIQ+ na Galiza.

Peza en solitario de Celeste González creada en 2019 e estreada no Teatro Circo de Murcia para o II Congreso Internacional de Artes e Diversidade, que ese ano versaba sobre Identidade, Tránsito, territorio e violencias.Os conceptos identidade, tránsito, territorio e violencia forman o eixo central dun traballo que, como o feito de "transitar" o xénero, non ten un punto e final, para convertirse nunha viaxe a ningunha parte, unha deriva construida a golpe de subxetividade.

«Ese verano de 2019 había ardido el bosque en Gran Canaria. Fue un incendio devastador en la zona más alta de la isla conocida como "la cumbre ". Subí a esa cumbre calcinada, inhabitada y desolada, para grabar el comienzo del solo. Un comienzo que tiene que ver con el libro Regina & Celeste, una correspondencia, del que soy coautora,publicado por la editorial La uña rota ese mismo verano de 2019. Llegar hasta la cumbre física y también metafóricamente, como un ritual liberador contra todo y contra mí misma».

Ningún hombre me llevará a la cumbre reinvéntase en cada presentación, e segue preguntándose de forma insaciable, incansablemente, sen parar en ningún resultado.Durante este tránsito foron aparecendo ferramentas que a levan ás súas raíces identitarias, que teñen que ver coa súa identidade canaria e a súa cultura (folklore) e cun pasado balletístico.

"El título tiene una doble lectura. Ningún hombre me llevará físicamente a ese paisaje desolado dondegrabé parte de este trabajo y por otro lado rompe con la fantasía de princesas de cuento: Lo que no hagapor mí misma ningún hombre lo hará por mí.

No dejamos de ser maricones con tetas para gran parte de la sociedad."

Celeste foi bailarina «de-formada» en danza académica nas Palmas, Madrid e Zaragoza. De 1980 a 1992 traballou como intérprete no Ballet de Zaragoza, Ballet Royal de Wallonie (Bélxica) e Ballet Nacional de España, onde interpretou papeis solistas e principais. A partir do 1993, asina os seus propios traballos afastada da linguaxe académica. En 2015 recibe o Premio da Crítica de Cataluña na categoría de «Mejor solo de danza» polo espectáculo Wakefield Poole: visiones y revisiones. No marco do 38o Festival de Otoño estrea xunto a bailarina Tania Arias a peza Concierto barroco Ring Ring acompañadas en directo por tres músicos da Orquesta Nacional de España. Actualmente forma parte da compañía de teatro "Matarile" con dúas obras en cartel, Daimon y la jodida lógica e El diablo en la playa. Xunto a artista e activista canaria Daniasa Curbelo estrea a curta Lapas y viejas realizado polo cineasta Miguel G. Morales. Ademais, está presente na exposición "DANCE?" no Centro Atlántico de Arte Moderno (CAAM), un gran proxecto expositivo de escala internacional co que este centro de arte se adentra na disciplina da danza para explorar e cuestionar os propios mecanismos coreográficos como sistema de representación artística.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión