Indiana Fórum en busca de aventuras!!!
Familias, Infancia
23/03/2019
Ya ha finalizado
Recepción das/dos participantes no Fórum Metropolitano, ás 19.00 h do sábado 23 de marzo (auditorio) e entrega o domingo 24 de marzo, ás 13.00 h, na entrada principal do Fórum Metropolitano.
22 euros (40 euros no caso de 2 irmáns/irmás, 56 euros no caso de ser 3. Consúltese para outros casos). Inclúe a cea do sábado (bolos con salchicha, tortilla, croquetas e bocadillos variados, froita e zumes), o almorzo do domingo (galletas, bolos, leite con chocolate, zumes e froita), así como os materiais.
Inscrición: as nenas e nenos que participan nas actividades do programa de Lecer de Fórum e/ou Ágora inscribiranse na conserxaría do Fórum Metropolitano ou do Ágora, do 2 o 9 de marzo (incluídos), de 9.00 a 20.00 h, de luns a venres e os sábados de 9.00 a 13.30 h
Para as demais persoas interesadas, a partir do luns 11 de marzo, por rigorosa orde de inscrición.
As prazas están limitadas a 180 participantes. Se non se cubriren un mínimo de 100 prazas, suspenderase a actividade e devolveráselles o importe da inscrición.
Só se entregarán 3 solicitudes por persoa (agás no caso de irmáns).
Se o queres pasar ben...
... atrévete a internarte nunha aventura sen fin, cheo de sorpresas, onde todo é posible... Moitas son as aventuras de Indiana o longo do mundo pero como as que virán no Fórum, nunca serán contadas. Aventuras, tesouros, lugares insólitos... estarán no Fórum para facer da nosa noite unha velada divertida e única...
Pero ollo!, as cousas non son o que asemellan...
Viste con espírito aventureiro e prepárate para vivir unha noite divertida na que nada vai ser o que parece.
Explora os recunchos do Fórum para axudar a encontrar, descubrir e resolver as innumerables aventuras que imos correr e que esconden as máis emblemáticos e asombrosos misterios do noso protagonista.
Demostra o teu valor realizando as aventuras máis intrépidas e aloucadas xamais vividas.
Goza dunha noite incrible, onde, por raro que pareza, todo pode acontecer.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible