Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

PANTOMIMA FULL presenta: “Pantomima Full hecho a mano”

Pode que leves anos vendo Pantomima Full en formato dixital, pero ti, que se estás a ler unha recensión é porque xa tes unha idade, sabes perfectamente que as cousas feitas a man teñen un valor especial.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

07/12/2024

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea: 22,00 €

Palco central: 22,00 €

Palco lateral: 22,00 €

Principal: 20,00 €

1ª fileira de principal, visibilidade reducida: 18,00 €

desconto do 20% para Carné Xove, maiores de 65 anos, persoas desempregadas

desconto do 25% para familia numerosa

*Os descontos aplicaranse previa presentación do documento que acredita o desconto

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

http://www.teatrocolon.es/es/

Organiza:

Etiqueta Negra Producións SL

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

Que onde estea o artesanal, que se quite o industrial. Xa pagas tres euros e medio por un pan de espelta, dous cincuenta por un café de especialidade recentemente moído e dez por un cóctel cuxo valor engadido é que o camareiro leva tirantes e o vaso é un peixe. Cremos que vale a pena pagar un pouquiño por ver a estes rapaces facendo as súas bromiñas de forma manual, sen edición, sen cortes, só ti e eles. Puro produto. Ir vernos tamén encaixa na imaxe que queres dar de ti mesmo. Déixate estafar por nós tamén.

Pantomima Full, hecho a mano é o terceiro espectáculo de Pantomima Full. Tan malo non será se a xente chapou o primeiro e logo o segundo. Ofrece máis do mesmo, isto é así, atopamos unha fórmula que nos funciona e imos espremela. É o que faría calquera. Por tanto, se che apetece estar durante unha hora e media vendo monólogos sobre os temas dos nosos vídeos e pezas cómicas cos nosos personaxes, pilla unha entrada. Outras cousas valen máis e pensáchelo menos. Na túa vida liches a recensión duns vaqueiros.

VENDA DE ENTRADAS

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h
  • Despacho de billetes do Teatro Colón: desde dúas horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • www.ataquilla.com

Tamén che pode interesar...

  • Ciclo Principal: Tan solo el fin del mundo

    Cando:

    Dende o 13/09/2024 ata o 14/09/2024

  • "Palabras", de Baobab Teatro (auditorio)

    Cando:

    17/09/2024

    Inscricións:

    Dende o 13/09/2024 ata o 17/09/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

  • "Estrafalaria", de Xarope Tulú

    Cando:

    24/09/2024

    Inscricións:

    Dende o 20/09/2024 ata o 24/09/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • Bulebule - Os Náufragos Teatro

    Cando:

    27/09/2024

  • Ciclo Principal: Don Ramón María del Valle-Inclán

    Cando:

    Dende o 27/09/2024 ata o 28/09/2024

  • Gran Gala Internacional de Ilusionismo GALICIA ILUSIONA

    Cando:

    Dende o 03/10/2024 ata o 04/10/2024

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión