"Un océano de tinta: a LIX a través do mar", paseo guiado pola escritora coruñesa Andrea Maceiras
Público a partir de 12 anos.
As persoas menores de idade virán acompañadas por unha persoa adulta. Ambas deberán inscribirse.
Para público en general
06/11/2021
Ya ha finalizado
Desde el 01/11/2021 hasta el 05/11/2021
A inscrición comezará o luns 1 de novembro.
A actividade está dirixida a público a partir dos 12 anos (menores de idade, en compañía dunha persoa adulta).
Só tedes que nos enviar un correo electrónico a inscricionslingua@coruna.gal co asunto "Inscrición Paseos" e os vosos datos de contacto.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Saída ás 12.00 h dun lugar por determinar que se indicará no momento da inscrición.
90 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
De balde e con inscrición previa
"Un océano de tinta: a LIX a través do mar", guiado por Andrea Maceiras
Data: 6 de novembro, ás 12.00 h
O océano Atlántico é de cor azul tinta. Se cadra por iso aparece en tantas obras da nosa LIX, como paisaxe, como personaxe ou como símbolo. Este paseo pola beira do mar é a escusa perfecta para falar de libros infantís e xuvenís con recendo a salgado, de historias que suceden nas nosas costas, de rebeldía e de soños, de emocións axitadas ao compás das mareas. Unha breve panorámica da nosa LIX co mar como eixo.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña xunto coa AELG.
REQUISITOS POLA SITUACIÓN SANITARIA:
O número máximo de participantes é de 25 persoas.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible