Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

PIMPINELA “GIRA 40 aniversario”

Os irmáns Lucía e Joaquín Galán chegan a España para celebrar por partida dobre 40 anos de carreira artística e da estrea no noso país do seu tema icónico: “Olvídame y pega la vuelta”, incluído no seu álbum Pimpinela.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

29/09/2023

Xa rematou

Horario:

21.00 h

Enderezo:

Palacio da Ópera da Coruña . Glorieta de América s/n. 15004 A Coruña

Prezo:

60,00 € / 55,00 € / 50,00 € / 45,00 € / 40,00 € segundo a zona

Televenda:

Ataquilla.com

Pimpinela celebra máis de 40 anos dunha brillante traxectoria artística. Uns artistas para toda a familia que transcenden xeracións e chegan a públicos de todas as idades. Contan con máis de 30 millóns de discos vendidos en todo o mundo.

Máis de 4.000 concertos en toda Hispanoamérica, desde o Luna Park de Buenos Aires, ata o Teatro Lope de Vega de Madrid, pasando polo Radio City Music Hall e o Madison Square Garden de Nova York. Son unha icona da música popular mundial e considéranse hoxe artistas de culto polo público, os medios e colegas.

Pimpinela pecha en 2022 un ciclo brillante da súa carreira tras recibir o premio Grammy á Excelencia Musical, e percorrer toda América co seu Concerto "40 ANIVERSARIO" que agora chega a España cos seus grandes éxitos e as súas novas cancións.

O Concerto 40 Aniversario

Clásicos da música popular, desde o icónico "Olvídame y pega la vuelta", seguidos por "A esa", "Valiente", "Por ese hombre", "Dímelo delante de ella", "Hermanos", "El amor no se puede olvidar" ou "La familia" entre tantos outros, serán coreados por un público de todas as idades e estratos sociais que os segue de xeración en xeración e que converte os seus concertos en verdadeiras festas onde a emoción, a alegría e o pranto conmove e identifica.

O concerto inclúe novos éxitos como "Traición" con máis de 50 millóns de reproducións en YouTube, "Cuando lo veo" ou "El año en el que se detuvo el tiempo" en homenaxe ás vítimas da pandemia.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Palacio da Ópera: unicamente os días de concerto no seu horario habitual
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión