Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Presentación do libro: "El árbol de la vida y 13 poemas más. Poemas para Helena y otros niños".

Descubre a obra de Pedro Martínez Casillas, “El árbol de la vida y 13 poemas más. Poemas para Helena y otros niños”. Editado por Aliar Ediciones.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

12/12/2024

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 19.00 a 20.30 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Contacto:

bagora@coruna.gal

981 189 886

O xoves 12 de decembro terá lugar na Biblioteca Ágora a presentación da antoloxía de Pedro Martínez Casillas "El árbol de la vida y 13 poemas más. Poemas para Helena y otros niños".

O evento desenvolverase na aula 2 da biblioteca, en horario de 19.00 a 20.30.

Sinopse da obra (Aliar Ediciones)

O presente volume pódese considerar unha antoloxía de Pedro Martínez. Na primeira parte reúnense dous conxuntos diferentes de poemas. O primeiro, "El árbol y la vida", unha sucesión de textos inspirados nunha historia real, escrita en forma metafórica e cunha modificación do final. Os trece poemas que lle suceden somérxense na natureza, ben como locus amoenus, ben como reflexo da subxectividade do eu lírico.

O segundo poemario, "Poemas para Helena y otros niños", está dedicado á súa filla, aínda que o autor considerou estender a súa mensaxe a todos os nenos e nenas. O que produce a unión destes poemas é a dedicatoria, e encontramos pezas variadas como contos ou soños.

Sobre Pedro Martínez Casillas

Pedro Martínez Casillas naceu en Madrid e estudou música no Real Conservatorio Superior desta cidade. Traballou na Escola de Música de Xuventudes Musicais de Alcalá de Henares e en varios conservatorios de España.

No ano 2000 aprobou as oposicións ao Corpo de Profesores de Ensinanza Secundaria en Galicia e na actualidade traballa como profesor de música no IES Urbano Lugrís.

Ten publicado "Poemas del pequeño ordenador", "Helena y su papá" e os libros de relatos en colaboración "Con mapa pero sin frontera" e "El bosque de las utopías". Recibiu dúas mencións honoríficas no concurso de poesía "Camino de las palabras" en Arxentina e algúns galardóns como o V Certame de epitafios de Torrero, publicacións na revista Alborismos de Venezuela, Revista Crisopeya de Colombia e micropoemas e microrrelatos en Diversidad Literaria.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión