A escritora, docente e investigadora Francisca García Jáñez presenta o seu libro de microficción "Modo manual".
Para público en xeral
28/06/2024
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
Das 18.30 ás 20.00 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
981 189 886
O venres 2 de xuño ás 18.30 horas terá lugar na sala de persoas adultas da Biblioteca Ágora a presentación do libro de microrrelatos "Modo manual: Microfición", da escritora, docente e investigadora Francisca García Jáñez.
Sinopse da obra (Editorial Lastura)
Escribir coa luz é tamén escribir coa palabra. Os setenta e seis microrrelatos que forman este libro mostran fragmentos da memoria a través da fotografía. Neles nárranse breves historias a modo de verdade ficcionada onde distintos escenarios, encadres e enfoques aparecen metaforizados para chegar ao lector desde outra óptica. Mundo real e mundo imaxinario fusiónanse coa mirada fotográfica para mostrar dunha maneira orixinal o que nos achega a natureza humana. Este libro é unha homenaxe á fotografía, á escritura, á pintura e ao presente visual e emotivo narrado a través de algo tan esencial como a mirada.
Sobre Francisca García Jáñez
Doutora en Filoloxía Hispánica pola UCM na especialidade de Arte e Literatura. É tamén escritora, investigadora e especialista en talleres de poesía xaponesa e de microficción.
Documentalista de imaxes e asesora de arte e literatura en varias editoriais. Experta en percorridos artísticos e literarios pola cidade e estudosa das conexións entre o retrato pictórico e literario. Publicou varios libros dentro do campo da literatura e da arte centrados nos Séculos de Ouro e o Romanticismo.
O seu coñecemento do mundo orienta levouna a colaborar cos seus haikus en varias exposicións de pintura xunta ás artistas Ana Soler e Yano Yoro. E tamén a escribir unha triloxía de poemas ilustrados e en edición bilingüe xaponés-español: Tankas habitados (2018); Komorebi, bosque de haikus (2020) e Sazanami, o que conta o mar, publicados pola editorial Torremozas. Os seus versos reflexionan, sempre desde unha perspectiva visual, sobre a natureza (interior e exterior) e sobre a importancia do momento presente.
Co libro de microficción Modo manual comeza a súa andaina literaria na narrativa.
Na actualidade reside na cidade da Coruña e alterna a docencia e a escritura co estudo das relacións entre imaxe e texto desde un enfoque literario, pictórico e fotográfico.
Tamén che pode interesar
19/07/2024
Entrada libre ata completar a capacidade.
Dende o 12/07/2024 ata o 21/07/2024
Dende o 23/04/2024 ata o 21/07/2024
24/07/2024
Dende o 22/07/2024 ata o 26/07/2024
O 25 de xullo non haberá taller por ser festivo e pechar as bibliotecas.
Dende o 15/07/2024 ata o 22/07/2024
Require inscrición.
27/07/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible