Encontro aberto á cidadanía
Xuvenil, Asociaciones o centros escolares, Para público en xeral
22/09/2018
Xa rematou
Ás 10.30 h
Gratuíto
xuventude@coruna.es
O vindeiro sábado 22 de setembro, das 10.30 ás 14.00 h no Centro Cívico da Cidade Vella terá lugar o terceiro encontro do proceso participativo para definir o proxecto das Naves do Metrosidero. Gustaríanos contar con vós neste proceso para traballar conxuntamente a súa definición.
Naves do Metrosidero trátase dun equipamento público diverso, plural e inclusivo para que a mocidade poida estar, coñecerse, sentirse parte, crear e desenvolver colectivos arredor dos mesmos intereses, organizar programas, proxectos e actividades etc. En base ao traballo realizado do contexto urbano nos pasados encontros, os obxectivos principais deste 3º encontro serán os de imaxinar e debater as necesidades e intereses que poidan acoller as naves, reflexionar que é necesario para levalo a cabo e construír colectivamente estes usos.
Por cuestións organizativas, agradeceríamos que nos enviásedes un correo de confirmación de asistencia a xuventude@coruna.es
-----
O contexto dos encontros
O Concello da Coruña presentou o pasado mesde xaneiro a proposta municipal para o espazo, unha nova infraestrutura de barrio e de cidade, pero tamén de carácter metropolitano, que estará destinada á mocidade, así como o marco no que se deberá definir o proxecto, xa que debe atender ao interese xeral, ser inclusivo ou cumprir coa normativa vixente e ser administrativamente e económicamente viable, entre outros. Para que este proceso sexa aberto e participativo están previstas reunións mensuais, nas que os e as técnicos municipais traballarán coa cidadanía e persoas que poidan achegar a súa experiencia, información e coñecemento en experiencias de co-xestión e autoxestión. O proceso concluirá cun documento que recolla a proposta de usos e o plan de xestión do edificio.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible