Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Programación de Nadal nos Museos Científicos

Horarios de apertura, actividades e sesións de planetario nas vacacións escolares de Nadal

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 21/12/2024 ata o 07/01/2025

HORARIO DE APERTURA

  • Do 21 ao 30 de decembro, das 10.00 ás 19.00 horas. O 24 e o 31 de decembro, das 10.00 ás 14.00 horas.
  • En xaneiro, das 10.00 ás 18.00 horas de luns a venres. Sábados, domingos e festivos das 11.00 ás 19.00 horas.

Os accesos péchanse unha hora antes da hora de peche no Aquarium Finisterrae e 30 minutos antes do peche na Casa das Ciencias e Domus.

Os tres museos estarán pechados o 25 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro.

SESIÓNS DE PLANETARIO NA CASA DAS CIENCIAS

  • Do 21 a 31 de decembro (o 24 e o 31 só haberá as sesións da mañá, o 28 só as da tarde, e o 25 estará pechado)

• 11.30 h: «A noite do vampiro». A historia dun vampiro afeccionado á astronomía (4-10 anos, galego).

• 13.00 h: «Llévame a la Luna». Especial sobre a chegada ao noso satélite (+ 10 anos, castelán)

• 17.00 h: «Hazelnuts». A aventura de dous esquíos en busca do planeta perfecto (4 a 7 anos, castelán)

• 18.00 h: «Estrela Rosalía». Sesión en directo no quinto aniversario da designación oficial co nome Rosalíadecastro a unha estrela na constelación de Serpentario (+ 10 anos, galego)

  • Os días 2, 3 e 7 de xaneiro:

• 11.30 h: «A noite do vampiro» (4-10 anos, galego)

• 13.00 h: «Estrela Rosalía» (+ 10 anos, galego)

• 17.00 h: «Hazelnuts» (4 a 7 anos, castelán)

  • Os días 4 e 5 de xaneiro:

• 11.30 h: «A noite do vampiro». (4-10 anos, galego).

• 13.00 h: «Llévame a la Luna». (+ 10 anos, castelán)

• 17.00 h: «Hazelnuts». (4 a 7 anos, castelán)

• 18.00 h: «Estrela Rosalía». (+ 10 anos, galego)

ACTIVIDADES NO AQUARIUM FINISTERRAE

  • Alimentación no Nautilus. O público que visita o Aquarium pode observar a alimentación dos habitantes do Nautilus, entre os que se inclúen diferentes especies de quenllas. Luns, mércores e venres ás 11.30 h.
  • Alimentación de focas. Unha actividade na que o público pode contemplar a rutina da alimentación das focas do Aquarium a cargo das súas persoas coidadoras. Todos os días ás 12.00 e ás 17.00 h.
  • Monólogos no Aquarium. Charlas breves, duns 10 minutos, sobre a bioloxía e curiosidades dalgunhas das especies máis populares do Aquarium (polbos, cabaliños de mar, axolotes, medusas...), ofrecidas polo persoal de atención ao público. Os días 23, 26, 27 e 30 de decembro ás 13.00 e ás 18.00 horas. Os días 21, 22, 28, 29 de decembro, 4 e 5 de xaneiro, ás 18.00 horas. Os días 24 e 31 de decembro, 2, 3 e 7 de xaneiro ás 13.00 horas.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión