Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Proxecto 'AR+arte_terapias alternativas 2' de Gosia Trebacz

Sinerxías artísticas experimentadas nun lugar cheo de historia, sorprendentes espazos e diversas enerxías. O proxecto esperta, fomenta a creatividade, recolle o instante do seu efémero proceso, comparte e entrelaza a maxia do traballo multidisciplinar. Unha viaxe ao infinito desenvolvida nun escenario máis que inspirador.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 21/06/2024 ata o 29/07/2024

Enderezo:

Sala de exposicións PALEXCO. Paseo Asociación de la Prensa s/n. 15003 A Coruña

Prezo:

Gratis

Mergullarse no pouso da historia, seguir o eco dos teus pasos e da túa respiración. Crear nun ambiente de lembranzas e de emocións. Contemplar o poder da natureza expandida no curruncho máis remoto. Alimentar a vista coa valentía da humidade inspiradora. Encontrar sons agochados neste territorio acoutado cheo de misterio e de beleza. Correr tras a fugacidade do tempo.

A partir das performances realizadas nas instalacións da fábrica de armas de A Coruña, dirixidas por Gosia Trebacz, atopamos unha serie de videocreacións producidas por ela que encapsulan o instante_ só unha xornada_ de proceso creativo de cada artista participante no experimento AR+arte_terapias alternativas.

Benito Freire, Diego Avendaño, Hermano Lobo son os que nesta ocasión colaboran coa exposición de Gosia, aportando con ela unha parte do seu proceso creativo.

Así, os vindeiros días 14 e 21 de xullo ás 18:30h realizaránse visitas guiadas por Gosia Trebacz (capacidade limitada a 50 persoas).

A reserva de prazas pódese facer chamando ao teléfono 981 189 898 de 8:30 a 14:00 horas, ou presencialmente de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión