Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Raphael - Tour Victoria 2024

Único concerto en Galicia

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

30/11/2024

Horario:

20.30 h

Apertura de portas ás 19.00 h

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

  • Platea (Filas 1-10): 80,00 €
  • Platea (Filas 11 -30): 70,00 €
  • Tendido Baixo (sentado numerado): 60,00 €
  • Tendido Medio (sentado numerado): 45,00 €
  • Tendido Alto (sentado numerado): 45,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

  • A entrada é nominal. Non se admiten cambios de entradas, nin da titularidade delas, nin devolucións.
  • No momento da compra das entradas débense indicar o nome, apelidos e DNI (NIE ou pasaporte) das persoas que vaian asistir, tal e como figuran nos seus DNI.
  • Para poder acceder ao Coliseum, o/a titular da entrada deberase identificar presentando o seu DNI xunto coa súa entrada.
  • No caso de que o/a titular da compra das entradas non dispoña de todos os datos para identificar as persoas acompañantes deberá indicar os seus propios nas entradas destinadas aos/ás ditos/as acompañantes, e estará obrigado/a a asistir ao evento. Durante o acceso ao Coliseum todas/os elas/eles deberanse identificar como integrantes do mesmo grupo.
  • Os/as menores de 16 anos teñen que asistir ao evento acompañados/as dunha persoa adulta responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada.

Páxina web:

https://caveaproducciones.com/producto/raphael/

Organiza:

Producciones Coruñesas SL

Documentos:

AUTORIZACION-DE-ACCESO-PARA-MENORES-DE-16-ANOS.pdf (176 KB)

Neste show o astro da canción interpreta as xoias da coroa do seu aplaudido repertorio: "Mi gran noche", "Qué sabe nadie" ou "Yo soy aquel", acompañadas das gravacións do seu último disco, escrito e producido por Pablo López. Esta xira é unha oportunidade única para gozar dun dos maiores artistas que deu o noso país; unha voz lendaria e un talento sen igual que puxo banda sonora a toda unha sociedade que viviu e se emocionou coa súa arte, sempre en maiúsculas e asinada por el: Raphael.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Coliseum: unicamente o día do concerto
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión