Entradas á venda desde o 28 de novembro do 2024 ás 13.00 h
Para público en xeral
21/06/2025
Entradas á venda dende o 28 de novembro de 2024, ás 13.00 h
22.00 h
Apertura de portas ás 20.00 h
Teloneiro ás 20.45 h
Non se admiten cambios de entradas, nin devolucións.
Os/as menores de 16 anos teñen que asistir ao evento acompañados/as dunha persoa adulta responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada.
Documento-acceso-menores-16-anos---Rigoberta-Bandini-Coliseum-21.06.2025.pdf (268 KB)
Cando Paula Ribó deu a luz a Rigoberta Bandini, xa levaba anos dedicada ao mundo da arte, o que enriqueceu o proxecto desde o primeiro momento. Os seus comezos serviron como proba, pero a artista pasou a outro nivel como un raio de luz. Tras a súa participación no Benidorm Fest e o éxito de "Ay, mamá" era imposible que o seu nome non resoase en toda unha xeración que se sentía identificada coas súas letras. O seu álbum debut, La Emperatriz, nado á calor dunha etapa incriblemente fértil, incriblemente prolífica e incriblemente innovadora, converteuse nunha antoloxía da orixinalidade na música pop.
Cancións como "Perra", "Too Many Drugs" ou "In Spain We Call It Soledad" xa forman parte da memoria audiovisual dos últimos anos, e boa proba diso é o seu éxito en directo, chegando a colgar o "non hai entradas" en recintos míticos como o WiZink Center tras triunfar co seu RIGOTUR. Tras un "descanso espiritual", Rigoberta Bandini prepárase para a súa próxima mutación e trae un novo álbum debaixo do brazo, Jesucrista Superstar, do que xa podemos escoitar a reflexiva "Si muriese mañana" ou a vivaz e coreable "Pamela Anderson".
VENDA DE LOCALIDADES
26/12/2024
04/01/2025
05/01/2025
12/01/2025
25/01/2025
31/01/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible