Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Rodrigo Cuevas | Romaría de Santa Margarida 2024

Chega á Coruña o actual Premio Nacional das Músicas Actuais, Rodrigo Cuevas, presentando "MANUAL DE ROMERÍA" na Romaría de Santa Margarida o xoves 29 de agosto de 2024.  

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

29/08/2024

Horario:

21.30 h

Enderezo:

Parque de Santa Margarita. Glorieta América s/n. 15005 A Coruña

Prezo:

20,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Páxina web:

https://rodrigocuevas.sexy/

Un concerto que abrirán Pandeireteiras sen Fronteiras (Pansenfron) e no que gozar do último traballo discográfico do cantante asturiano, un galardoado traballo editado o pasado mes de setembro e producido polo portorriqueño Eduardo Cabra.

Rodrigo descóbresenos neste "Manual de Romería" coma un creador que traballou moi duro ao longo dos anos, percorrendo a estrada e desentrañando os misterios da profesión de músico. Crecemento persoal sumado ao profesional que redundan nunha pegada para composicións orixinais e arranxos de temas tradicionais.

Rodrigo Cuevas: Intérprete, voz e percusión

Mapi Quintana: Voz, vocoder, contrabaixo e percusión

Juanjo Díaz: Percusión e programacións

Rubén Bada: Guitarra española e eléctrica, coros e percusión

Tino Cuesta: Programacións, sintes, coros e percusión

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión