O festival internacional de cinema de ciencia ficción con robots terá lugar o venres 19 e o sábado 20 de outubro, e incluirá proxeccións, charlas e talleres de teatro robótico.
Para público en xeral
Dende o 19/10/2018 ata o 20/10/2018
Xa rematou
A inscrición para participar nos talleres do día 20 ábrese o martes 16 de outubro neste formulario electrónico.
«ROS Film Festival» é unha iniciativa que combina arte e robótica, na que se dá cabida a persoas creadoras e directoras/es de cinema pero tamén a persoas investigadoras, científicas e enxeñeiras que queiran converter os seus traballos e proxectos en curtametraxes.
As actividades que se desenvolverán esta fin de semana na Domus son as seguintes:
- Venres 19, ás 18.30 h: proxección de curtametraxes do ROS Film Festival I. A continuación, charla debate "A quen lle importan os robots?", coa intervención de Ricardo Domínguez. Para todos os públicos. Entrada libre ata completar a capacidade.
- Sábado 20. Talleres de teatro robótico, dirixidos a persoas de 10 a 18 anos, con inscrición previa neste formulario electrónico, que se abre o martes 16 de outubro. Os talleres realizaranse ás 10:30, 12:30 e 16.00 h.
- Sábado 20, ás 18.30 h: proxección de curtametraxes do ROS Film Festival II. A continuación, charla debate "Robots na gran pantalla" , coa intervención de Ángeles Gómez. Para todos os públicos. Entrada libre ata completar a capacidade.
Dende o 12/08/2024 ata o 08/01/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible