Podemos estar nunha sociedade enferma?
Para público en xeral
10/05/2024
Xa rematou
21.00 h
70 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9,00 €
Carné Xove, maiores 65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €
*O desconto aplicarase logo da previa presentación do documento que acredite o desconto.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forummetropolitano@coruna.es
Catro persoas de idades, xéneros, crenzas e realidades socioeconómicas diferentes, coinciden nun karaoke. Ao longo da madrugada, as cancións e o alcohol mestúranse cos medos e cos problemas que as levan a refuxiarse neste lugar, onde se constrúen os seus propios paraísos artificiais. Esta noite hai música, pero tamén silencio; miradas cómplices e mal intencionadas; luces de cores que iluminan o escenario e sombras detrás da porta do baño; copas rotas contra o chan e brinde ata o amencer; corpos suorentos, tristes e cansos que buscan outros corpos igual de suorentos, tristes e cansos; tarxetas de crédito co saldo esgotado; maquillaxe e perfumes baratos; bágoas que mollan as flores de plástico coas que se decoran as mesas; frustracións, temores... Pero, sobre todo, anhelos.
Ficha técnica e artística
Interpretación: Nacho Castaño, María Costas, María de las Llanderas e Fran Nogueira
Dirección: Nerea Brey
Texto: Ernesto Is
Espazo e iluminación: Beatriz de Vega
Vestiario: Javier Lojo
Espazo sonoro: Nerea Brey e Ernesto Is
Duración: 70 minutos
Idade recomendada: +16 anos
Agradecementos: Natalia Lareo, Cristian Farpón, Tere Fernández, Suso Brey, Mar Is, Pablo Suárez, Felipe Otero e APAMP Vigo.
Unha produción de Manekineko.
Con apoio de: Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e Coca-Cola.
Proxecto realizado no marco do Centro de Recursos Escénicos do Principado de Asturias.
Texto escrito no programa Antzerkigintza Berriak 2020 de novas dramaturxias de Euskadi.
VENDA DE ENTRADAS:
28/12/2024
Os días 02/01/2025, 03/01/2025
Dende o 10/01/2025 ata o 11/01/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible