Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?

SEN NUMERAR Primavera 2025 - "La violación de Lucrecia", do Teatro Clásico de Sevilla

A peza teatral que presenta a Compañía Teatro Clásico de Sevilla céntrase no poema "A violación de Lucrecia", de William Shakespeare, de 1594.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/04/2025

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

70 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 9,00 €

Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas: 7,00 € (é imprescindible presentar o documento que acredita o desconto no momento da compra e no acceso ao espazo no que terá lugar a función).

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
  • Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos nin bebidas na sala (excepto auga).
  • Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e a luz molestan o público e artistas.
  • O teatro ten reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.
  • Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.
  • En cumprimento da Lei de benestar animal, do 16 de marzo de 2023, informamos de que neste recinto non se permite o acceso de animais de compañía, agás cans e/ou de asistencia.

RECOMÉNDASE:

  • Seguir as instrucións do persoal da sala.
  • Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

https://www.clasicodesevilla.com/Repertorio.html

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.es

Arredor del, Alfonso Zurro escribiu e desenvolveu unha dramaturxia moi especial. Primeiro para articulalo como monólogo feminino. E despois, abrilo en varias liñas dramáticas que amplíen o feito histórico e que nolo acheguen ata os nosos días. Lucrecia colócanos ante a violencia e a crueldade que implica un acto tan terrible. Un texto limpo que desenvolve diferentes planos de acción. Ao centrarse nos acontecementos narrados pola mirada de Shakespeare, provoca un efecto de perplexidade que non deixa indiferentes as persoas espectadoras.

Compañía: Teatro Clásico de Sevilla

Autoría: Alfonso Zurro (a partir do texto de Shakespeare)

Dirección: Alfonso Zurro

Elenco: Lorena Avila

Duración: 70 minutos

→Premios ESCENARIOS DE SEVILLA 2023 ao Mellor Espectáculo, Mellor Intérprete e Mellor Autoría

→Premio LORCA 2024 ao Mellor Autor Teatral: Alfonso Zurro

VENDA DE ENTRADAS:

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Tamén che pode interesar...

  • Falando a boca chea

    Falando a Boca Chea: contacontos con Raquel Queizás

    Cando:

    11/04/2025

    Inscricións:

    Dende o 04/04/2025 ata o 11/04/2025

    Require inscrición

  • Falando a boca chea

    Festival Falando a boca chea 2025

    Cando:

    Os días 08/04/2025, 09/04/2025, 10/04/2025, 11/04/2025, 12/04/2025

  • Moncho Borrajo 12.04.2025

    MONCHO BORRAJO Acabouse!

    Cando:

    12/04/2025

  • Cartel do espectáculo

    Ciclo Principal: Casting Lear

    Cando:

    Dende o 11/04/2025 ata o 12/04/2025

  • "O gaiteiro verde", da Fundación Legar

    Cando:

    22/04/2025

    Inscricións:

    Dende o 18/04/2025 ata o 22/04/2025

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 5 e 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • "As máis molonas", de Pakolas

    Cando:

    29/04/2025

    Inscricións:

    Dende o 25/04/2025 ata o 29/04/2025

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible