Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?

"The substance" (A substancia), de Coralle Fargeat

Ciclo ATEMPORAL

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 29/05/2025, 30/05/2025, 31/05/2025

Horario:

Xoves: 20.00 h

Venres: 20.00 h

Sábado: 17.30 e 20.15 h

Duración:

140 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos:

Carné Xove + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €

Sesión das persoas espectadoras: sábados ás 17.30 h con prezo único de 1,50 €

** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar da proxección.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante a dita proxección.
  • Ao acceder á sala de cine poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o público asistente.
  • As salas de cine teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñas ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Con Demi Moore e Margaret Qualley

Reino Unido 2024

140 minutos - VOSE

Non recomendada para menores de 18 anos

'Ti, pero mellor en todos os sentidos'. Esta é a promesa, un produto revolucionario baseado na división celular, que crea un alter ego máis novo, máis belo, máis perfecto. Tentada pola oportunidade, Elisabeth Sparkle, unha celebridade en decadencia, consome este soro do mercado negro creando unha versión rexuvenecida de si mesma, Sue, con efectos tan inesperados como aterradores.

2024 - Globos de Ouro: mellor actriz

2024 - Festival de Cannes: Mellor guión

Ligazón ao tráiler: https://youtu.be/6Bd5Jazn_-4

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente osdías da proxección dende media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible