Premio ao Mellor Espazo Sonoro. FETEN 2023
Familias, Infancia, Para público en xeral
11/11/2023
Xa rematou
18.00 h
50 minutos
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
6,00 €
* (abono 3: 3 entradas para a mesma función: 15,00 €)
(menores de 3 anos: 2,00 €)
**O abono só se vende no despacho de billetes.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
IMCE
forummetropolitano@coruna.gal
Unha fábula moderna sobre a cohabitación urbana que trata sobre os desafíos que supón superar diferenzas, sen texto e a través do teatro físico e a música en vivo.
"Full house" conta a historia dos veciños Koala, Can e Cabalo que viven porta con porta. Koala está, simplemente, namorada do mundo, Can é un solitario apaixonado da música clásica e o enerxético Cabalo ten sempre catro pratos cociñándose ao mesmo tempo. Están tan ocupados consigo mesmos e co seu día a día que nin sequera se decatan das necesidades dos demais.
Con iso parece que o conflito está ao virar a esquina. A guinda do pastel chega cando Tigre chega á comunidade como novo inquilino. A súa actitude exuberante supera a de todos os demais por completo. A súa chegada crea unha circunstancia na que os conflitos explotan mais, á vez, todos comezan a fixarse nos seus semellantes por primeira vez. Neste contexto xorde unha nova e inesperada situación cando Tigre convida a todos á súa festa do "Quentamento da casa", o que fai posible que todos se atopen e comecen a perder os seus prexuízos contra os demais.
Con: Nicolás Carbajal / Adam Purtí, Ana Redi Milatovic / Momo Fabré, Alina Stockinger / Ana Claramonte, David Franch / Josep Cosials
Son e música en directo: Siruan Darbandi / Ricardo Cornelius
Autoría: Eléctrico 28 e DAHIR
Dirección: Ana Redi-Milatovic
Adaptación: Sergi Estebanell, Ana Redi-Milatovic, Alina Stockinger
Teatro de máscaras sen texto con música en directo
Público: a partir de 4 anos
VENDA DE ENTRADAS:
23/11/2024
23/11/2024
23/11/2024
23/11/2024
26/11/2024
Dende o 22/11/2024 ata o 26/11/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
30/11/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible