Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Todo Público outono 2023 - "Ninja", de Teatro Ghazafelhos

"Ninja" é unha obra lúdica e pedagóxica que aborda o acoso escolar. A través dunha historia divertida e chea de reflexións sobre o respecto, o apoio mutuo e a diversidade farase fincapé no máis importante para resolver un problema: visualizalo.

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia, Para público en xeral

Cando:

02/12/2023

Xa rematou

Horario:

18.00 h

Duración:

50 minutos

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

6,00 €

* (abono 3: 3 entradas para a mesma función: 15,00 €)

(menores de 3 anos: 2,00 €)

**O abono só se vende no despacho de billetes.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

https://urdime.gal/espectaculos/NINJA/

Organiza:

IMCE

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Tori é unha nena do rural que vai á escola. Encántanlle a cultura oriental, o karate, o kung fu, o jiu jitsu, as pelis de Bruce Lee, Jackie Chan... e soña con ser ninja! Adestra todos os días para pasar inadvertida e observar os demais como unha auténtica ninja... Grazas a esa condición, descobre que no cole hai nenos e nenas que tamén queren pasar inadvertidos, pero non para ser ninjas, senón para que outros nenos e nenas non abusen deles. Con axuda do señor Edelmiro, un velliño ao que Tori acode a buscar consello, conseguirán que os nenos inadvertidos se fagan visibles e cambien as tornas na escola.

Con: Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho

Autoría e dirección: Pepablo Patinho

Escenografía, deseño de son e de iluminación e vestiario: Ghazafelhos

Música: Bellón Maceiras

Teatro en galego

Público: a partir de 5 anos

VENDA DE ENTRADAS:

  • Web: www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h.
  • Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: dende 1 hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión