Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

TODO PÚBLICO outono 2024 - "Entrecajas", de Teatro Paraíso

Espectáculo que nos suxire que o mundo é unha gran caixa na que vivir grandes aventuras.

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

28/09/2024

Horario:

18.00 h

Duración:

60 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 6,00 €

*Abono 3 (3 entradas para a mesma función: 15,00 €)

Menores de 3 anos: 2,00 €

*O abono 3 só se vende no despacho de venda de entradas.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
  • Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e a luz molestan o público e artistas.
  • O teatro ten reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os carros e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.
  • Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Seguir as instrucións do persoal da sala.
  • Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

https://teatroparaiso.com/es/compania/espectaculos-en-gira/entrecajas/

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.es

Bartalomeus e Comiño viven felices de contar o un co outro ata o día en que aparece unha terceira persoa que poñerá a proba a forza da súa amizade roubándolles as súas caixas. Xuntos atoparán o camiño de regreso ao lugar no que un día foron felices ao descubrir que quedou o máis valioso: a súa amizade e a súa capacidade de imaxinar.

Unha historia chea de humor na que dous amigos que viven nunhas caixas imaxinan viaxes e lugares fantásticos, coa súa sorprendente creatividade. A súa vida transcorre entre o xogo, a convivencia, as pelexas cotiás e as reconciliacións.

Compañía: Teatro Paraíso

Dramaturgia: Rosa A. García

Dirección: Tomás Fdez. Alonso

Elenco: Xabi Flamarique, Aritz Bengoa e Xabi Artieda

Duración: 60 minutos

Espectáculo en castelán

Público: + 4 anos

Premio FETÉN 2024 ao mellor espectáculo de clown

VENTA DE ENTRADAS:

  • www.ataquilla.com
  • Taquilla plaza de Ourense (excepto festivos): de lunes a viernes, de 11.00 a 15.00 h y de 16.30 a 19.30 h.
  • Taquilla de Forum Metropolitano: desde una hora antes del comienzo del espectáculo (siempre que queden entradas disponibles)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión