Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

TODO PÚBLICO outono 2024 - "Kyoki", de Elefante Elegante

Espectáculo de teatro xestual que aborda a temática do esquecemento, da vellez, da soidade

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

19/10/2024

Horario:

18.00 h

Duración:

45 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 6,00 €

*Abono 3 (3 entradas para a mesma función: 15,00 €)

Menores de 3 anos: 2,00 €

*O abono 3 só se vende no despacho de venda de billetes.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
  • Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e a luz molestan o público e artistas.
  • O teatro ten reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os carros e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.
  • Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Seguir as instrucións do persoal da sala.
  • Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

https://elefanteelegante.net/espectaculos/kyoki/

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.es

Kyoki significa "demencia" en xaponés e refírese á alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. É certo que adoita aparecer en persoas de idade avanzada, pero... quen non esqueceu onde colocou a caixa de galletas? Ou por distracción puxo o xersei ao revés.

Kyoki é unha visión cómplice, reflexiva e sensible ás experiencias que viven tanto as persoas que precisan de coidados como os/as propios/as coidadores/as. A familia, as institucións médicas e as institucións sociais están presentes nas tres personaxes interpretadas pola actriz protagonista: a avoa, a súa filla e a doutora.

Compañía: Elefante Elegante

Creación: María Torres e Gonçalo Guerreiro

Dirección: Gonçalo Guerreiro

Elenco: María Torres

Manipulación de obxectos: Mario Rodríguez

Duración: 45 minutos

Público: + 5 anos

VENDA DE ENTRADAS:

  • www.ataquilla.com
  • Despacho da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho do Fórum Metropolitano: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Tamén che pode interesar...

  • Ciclo Principal: "En mitad de tanto fuego"

    Cando:

    Dende o 18/10/2024 ata o 19/10/2024

  • "Luppo", de Baobab Teatro (auditorio)

    Cando:

    22/10/2024

    Inscricións:

    Dende o 18/10/2024 ata o 22/10/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

  • SEN NUMERAR outono 2024 - "Kennebec", de Iria Pinheiro e Mónica de Nut

    Cando:

    25/10/2024

  • Ciclo Principal: O dragón de ouro

    Cando:

    Dende o 25/10/2024 ata o 26/10/2024

  • Mercedes Peón, con "Ingrávida", no AgoraSón do outono 2024

    Cando:

    26/10/2024

    Inscricións:

    Dende o luns 21 de outubro, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.

    De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (26 de outubro) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.

  • "Nanocontos", de Raquel Queizás

    Cando:

    29/10/2024

    Inscricións:

    Dende o 25/10/2024 ata o 29/10/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade.

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión