O gran ourizo vive plácidamente, á sombra dun gran carballo, e coida dos seus, mentres goza do seu pedacito de mundo.
Familias, Infancia
06/04/2024
Xa rematou
18.00 h
50 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
ENTRADA: 6,00 €
ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función: de venda só entaquillas): 15,00 €
MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €
NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forummetropolitano@coruna.es
Pero un día, esta paz verase perturbada, pola chegada dunha ardilla amable, travesa e juguetona. A súa convivencia non será fácil. Descubriremos un ourizo arisco e protector, e unha ardilla con ganas de saber e compartir.
Unha das características das fábulas é que sempre acaban cunha conclusión moral. Por tanto, ¿de que nos fala A fábula da ardilla? Con este espectáculo, A Baldufa proponnos pensar, reflexionar e profundar na diferenza e a mestizaxe. O ourizo e a ardilla son moi diferentes, pero teñen infinidade de oportunidades para aprender e compartir xuntos.
Autoría: Jokin Oregi & A Baldufa: Enric Blasi, Emiliano Pardo, Carles Pijuan
Dirección: Jokin Oregi
Elenco: Ourizo: Carles Pijuan ou Ferran López / Esquío: Emiliano Pardo ou Enric Blasi
Público: + 4 anos
Duración: 50 minutos
Espectáculo sen palabras
Premio Nacional de Artes Escénicas para a infancia e a xuventude 2020
Premio á Mellor Produción, Feira de FETEN, Xixón, España, 2022
Premio ao Mellor Espazo Escénico, Feira de FETEN, Xixón, España, 2022
VENDA DE ENTRADAS:
Entidades
19/10/2024
Dende o 18/10/2024 ata o 19/10/2024
22/10/2024
Dende o 18/10/2024 ata o 22/10/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
25/10/2024
Dende o 25/10/2024 ata o 26/10/2024
26/10/2024
Dende o luns 21 de outubro, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (26 de outubro) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible