A Coruña converterase un ano máis no gran referente das e dos amantes do cómic coa realización da 27.ª edición de Viñetas desde o Atlántico. Como novidade neste 2024, o programa presenta unha nova estrutura arredor de seccións especializadas orientadas aos seus diferentes públicos: Viñetas Expo, Viñetas Show, Viñetas Rúa BD, Viñetas Mini, Viñetas *Ñam!, Viñetas Pro, Viñetas Inclusivas e Viñetas na Escola.
Para público en xeral
Dende o 12/08/2024 ata o 18/08/2024
Viñetas EXPO: mostras dentro da sección oficial e paralelas ao festival no Quiosco Alfonso, Palexco, Palacio de María Pita, Sala Salvador de Madariaga, Casa Museo Picasso, Centro Ágora e outras sedes colaboradoras.
Viñetas SHOW: actividades diarias no Teatro Colón (ciclo de cinema baseado en obras de BD, Viñetas Late Night con entrevistas e un concerto ilustrado)
Viñetas RÚA BD: coa participación de editoras e librerías especializadas en cómic.
Viñetas PRO: actividades para profesionais e estudantes do sector (talleres, relatorios, revisión de portafolios e encontros sectoriais)
Viñetas MINI: sección infantil de divulgación e entretemento (contacómics, talleres e un concerto infantil)
Viñetas *ÑAM: festival gastronómico no que participan restaurantes locais e zona de furgonetas de comida.
Viñetas INCLUSIVAS: plan de inclusión social que integra lingua de signos no Viñetas Late Night no Teatro Colón e que se completa cunha semana de actividades destinadas a colectivos desfavorecidos no mes de setembro.
Viñetas desde a ESCOLA: plan para centros de ensino con talleres de iniciación ao cómic en maio e visitas guiadas no último trimestre do ano.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible