Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"Walkabout", de Nicolas Roeg

O “outback” australiano é o gran protagonista desta aventura de iniciación cruel e desapiadada. A beleza da paisaxe contrasta coas pulsións humanas (dende as máis puras ás máis inquietantes) que se enfrontan. Unha batalla ao descuberto da que non saímos indemnes.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

31/07/2024

Horario:

Mércores ás 22.30 h

Duración:

100 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €

** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar a proxección deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar a proxección con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual das proxeccións programadas.

• Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Con: Jenny Agutter e Lucien John

Australia 1971

Duración: 100 min

NRM 18 anos

Proxección en VOSE

Por unha serie de circunstancias, un neno e a súa irmá adolescente vense abandonados no medio do durísimo deserto australiano. Mentres loitan pola súa supervivencia atópanse cun aborixe que cambiará a súa forma de ver o mundo.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de entradas do Fórum: unicamente os días de proxección dende media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de entradas da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión