Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

XIII edición de Xornada de Portas Abertas do Oceanográfico

O Centro Oceanográfico da Coruña desenvolverá o sábado día 10 de xuño a XIII edición da “Xornada de Portas Abertas”.

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia, Para público en xeral

Cando:

10/06/2023

Xa rematou

Horario:

O horario será das 11.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 20.00 horas.

Enderezo:

Instituto Español de Oceanografía. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 10. 15001 A Coruña

Prezo:

Libre

Contacto:

ieo.coruna@ieo.csic.es

O vindeiro sábado 10 de xuño o Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía (IEO) organizará a XIII edición de Xornada de Portas Abertas para dar a coñecer os seus traballos de investigación. Esta actividade forma parte dos actos de conmemoración do Día Mundial dos Océanos (8 de xuño) organizados polo Instituto Español de Ocenoagrafía-CSIC.

O persoal científico e técnico do IEO explicará de forma próxima algúns dos aspectos da ciencia dos océanos. Para iso deseñaron varias actividades:

- PESQUEIRAS SOSTIBLES: no obradoiro de pesca descubriremos como é un peixe por dentro, aprenderemos a medilos e pesalos como o fan os/as científicos/as, a distinguir o sexo dos peixes e a saber cantos anos teñen. Tamén poderás ver a estrutura microscópica dos ovarios, falaremos da selectividade das redes de pesca e dos sistemas de marcaxe de exemplares. Todas estas técnicas son importantes para asegurar a sostibilidade da pesca.

- ACUARIO: organismos como estrelas de mar, ourizos ou algas, xunto con outros menos coñecidos, estarán presentes no acuario. O noso persoal técnico explicará algunhas curiosidades destes habitantes das nosas costas.

- OCEANOGRAFÍA FÍSICA: no obradoiro de oceanografía física aprenderemos como e por que se moven os océanos. A través de diferentes experimentos falaremos das grandes correntes que percorren o planeta e tamén de fenómenos locais que suceden na nosa costa.

- PLANCTO: o próximo día 10, no obradoiro de plancto explicaremos a importancia que ten na cadea trófica mariña e o fundamental que é a nivel global. Teremos lupas e microscopios onde diferenciar o fito e o zooplancto, e ensinarémosvos a fabricar unha rede de plancto caseira por se as persoas visitantes se animan a recoller algunha mostra este verán.

- CONCURSO DE DEBUXO "MARÍA HERMIDA": concurso de debuxo para nenos e nenas ata os 12 anos. Faremos un carné de investigador para todas e todos os participantes e quen gañe levará como premio unha bolsa con libros e material do IEO-CSIC.

- COLECCIÓNS MARIÑAS: presentarémosvos a colección de exemplares mariños recollidos por compañeiros/as dos nosos centros oceanográficos.

- Paneis diversos: con temática mariña.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión