Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?

"Yves Saint Laurent", de Jalil Lespert

Ciclo ATEMPORAL

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 02/05/2025, 03/05/2025

Xa rematou

Horario:

Venres: 20.00 h

Sábado: 17.30 e 20.00 h

Duración:

101 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos:

Carné Xove + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €

Sesión das persoas espectadoras: sábados ás 17.30 h con prezo único de 1,50 €

** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar da proxección.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante a dita proxección.
  • Ao acceder á sala de cine poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o público asistente.
  • As salas de cine teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñas ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Con Pierre Niney e Guillaume Gallienne

Francia 2014

101 minutos - VOSE

No recomendada para menores de 16 anos

París, 1957. Con apenas 21 anos, o deseñador de moda francés Yves Saint-Laurent é chamado inesperadamente a supervisar a gran casa da moda fundada polo recentemente falecido Christian Dior. Todos os ollos se volven cara a este novo asistente cando presenta a súa primeira colección de alta costura para Dior. Durante o rompedor e exitoso desfile, Yves Saint-Laurent coñece a Pierre Bergé, que non só se converterá no seu socio, senón tamén no grande amor da súa vida. 3 anos despois, créase a empresa YSL, que da noite para a mañá se converte nunha das marcas mundiais máis famosas da moda e o luxo. Pero infestado de dúbidas e demos, Saint-Laurent acabará librando unha amarga batalla consigo mesmo e contra numerosos factores externos na súa cruzada por darlle a volta ao inmobilista mundo da moda e converterse nunha das maiores iconas do século XX.

Enlace ao tráiler: https://youtu.be/CFJ-VSDpjqk

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho do Fórum: unicamente os días da proxección dende media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible