Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campamentos de Verán 2024

Nesta páxina

Campamentos de verán 2024

Campamentos municipais do Concello da Coruña Verán 2024

Aberta a preinscrición do 20 ao 22 de maio.

Outras datas importantes:

  • Publicación de listaxes de menores preinscritas/os: 31 de maio
  • Correccións: 31 de maio, 1* e 3 de xuño

*Só para campamentos urbanos, de día e de pernoctación

  • Sorteo de prazas: 5 de xuño
  • Publicación de listaxes de admitidas/os: 11 de xuño nas webs municipais
  • Inscrición e pagamento: do 11 ao 17 de xuño

Novidades

Sen resultados.

Condicións de participación

As e os menores participantes deberán cumprir os requisitos específicos dos campamentos nos que se inscriban.

A preinscrición será telemática a través desta páxina.

Campamentos dispoñibles

centros cívicos

Campamentos urbanos en centros cívicos

Persoas destinatarias: nenas e nenos nados do 01/01/2012 ao 31/12/2020

Datas: do 1 de xullo ao 10 de setembro en 5 quendas:

  • Quenda 1: 1 ao 15 de xullo
  • Quenda 2: 16 ao 31 de xullo
  • Quenda 3: 1 ao 14 de agosto
  • Quenda 4: 16 ao 30 de agosto
  • Quenda 5: 2 ao 10 de setembro

Horario: de luns a venres en horario de mañá (nos días festivos non hai campamento)

  • Xeral: 10.00-14.00 h
  • Ampliado: 9.00-14.30 h (ofertado en 13 sedes)

Prezo: 26 euros para horario xeral e 32 euros para horario ampliado

Prazas: 2.250 prazas, 15 prazas por grupo (56 prazas para necesidades educativas especiais)

Sede: Centros Cívicos Municipais

Outra información de interese: os grupos con menos de 9 menores inscritos non se formarán e serán distribuídos noutros grupos A quenda de setembro finalizaría o día anterior ao comezo do curso escolar. Existen 130 bolsas.

Máis información

  • Campamentos Verán 2024 Centros Cívicos (118 KB)
De día

Campamentos de día

Persoas destinatarias: nenas e nenos nados entre o 01/01/2012 e o 31/12/2020

Datas: do 1 de xullo ao 30 de agosto en 4 quendas:

  • Quenda 1: 1 ao 15 de xullo
  • Quenda 2: 16 ao 31 de xullo
  • Quenda 3: 1 ao 14 de agosto
  • Quenda 4: 16 ao 30 de agosto

Horario: de luns a venres

Prezo: 85 euros

Prazas: 416 en total, 104 prazas por quenda (16 para necesidades educativas especiais)

Sede: instalacións deportivas do Colexio Calasanz PP Escolapios

Outra información de interese: o prezo do campamento inclúe o transporte e a comida das/os menores. Existen 48 bolsas.

Máis información

  • Campamentos Verán 2024 Campamentos de día (159 KB)
Pernoctación

Campamentos tradicionais de pernoctación

Persoas destinatarias: nenas e nenos nados entre o 01/01/2008 e o 31/12/2016

Datas: en 4 quendas:

  • 2 ao 8 de xullo (de 8 a 11 anos)
  • 22 ao 28 de xullo (de 12 a 16 anos)
  • 2 ao 8 de agosto (de 8 a 11 anos)
  • 22 ao 28 de agosto (de 12 a 16 anos)

Grupos: 2 grupos de 8 a 11 anos e outros 2 de 12 a 16 anos

Prezo: 85 euros

Prazas: 180 prazas, 45 por quenda (4 para necesidades educativas especiais)

Sede: Albergue xuvenil LUG2 (rúa Pintor Corredoira, 4, 27002 Lugo)

Outra información de interese: existen 12 bolsas.

Máis información

  • Campamentos Verán 2024 Pernoctación (110 KB)
Mocidade

Campamentos de mocidade

Persoas destinatarias: nenas e nenos de 12 a 17 anos (nacidos entre 2007 e 2012)

Datas: do 1 ao 26 de xullo en dúas quendas:

  • do 1 ao 12 de xullo
  • do 15 ao 26 de xullo

Grupos: 5 grupos en cada quenda

Horario: de luns a venres en horario das 9.00 ás 14.00 h

Prezo: gratuíto. Ao ser unha actividade de carácter gratuíto e con alta demanda, a falta inxustificada supoñerá a baixa inmediata da persoa participante na actividade.

Prazas: 100 prazas, 50 por quenda

Sede: Polideportivo de Labañou. A actividade combinará unha sede fixa con saída a espazos urbanos para realizar  actividades ao aire libre.

Outra información de interese: habilitarase un autobús que realizará unha ruta de ida e volta con seis paradas establecidas pola organización.

Tipoloxía de actividades:

  • Multideportivas e no medio acuático: iniciación ao snorkel, caiac, pádel surf, tiro con arco, propostas de deporte alterrnativo como kinball, flloorballl e ultimate, xogos deportivos na praia, deportes de equipo etc.
  • Lúdico-recreativas: xogos de rastrexo e de pistas, orientación, geocatching, talleres creativos, xogos de cooperación etc.
  • Ambientais: sendeirismo pola contorna ambiental, rutas de coñecemento e recollida de algas, elaboración de xogos con material de reciclaxe etc.

Máis información

  • Campamentos Verán 2024 Mocidade (120 KB)
Campacoles

Campacoles (Federación Provincial das ANPA e a Concellería de Educación)

Persoas destinatarias: escolares matriculados/as nos CEIPs do Concello da Coruña no actual curso 23/24

Datas: do 25 de xuño ao 31 de xullo nunha quenda de catro días en xuño e dúas quincenas en xullo.

Horario: de luns a venres en horario de mañá

Prezo: entre 16 e 40 euros

Prazas: 1.215 prazas

Máis información

  • Campamentos Verán 2024 Campacoles (298 KB)
Summer talk

Summer Talk

Persoas destinatarias: escolares matriculados/as nos cursos 1.º a 6.º de educación primaria e 1.º a 3.º de ESO en centros públicos do Concello da Coruña no curso 23/24

Datas: do 25 de xuño ao 26 de xullo en 5 quendas

Horario: de luns a venres en horario de mañá

Prezo: entre 16 e 20 euros

Prazas: 225 prazas

Máis información

  • Campamentos Verán 2024 Summer Talk (291 KB)
Fórum e Ágora

Campamentos no Fórum e no Ágora

Persoas destinatarias: nenas e nenos nados do 1/01/2012 ao 31/12/2020

Datas: do 25 de xuño ao 30 de agosto en 5 quendas:

  • Quenda 1: do 25 de xuño ao 5 de xullo (o luns 24 é festivo local)
  • Quenda 2: do 8 ao 19 de xullo
  • Quenda 3: do 22 de xullo ao 2 de agosto (o 25 de xullo non haberá campamento)
  • Quenda 4: do 5 ao 16 de agosto (o 15 de agosto non haberá campamento)
  • Quenda 5: do 19 ao 30 de agosto

Grupos: 9 grupos por centro e quincena, agrupados por idade

Horario: xeral: das 10.00 ás 14.00 h. Coa posibilidade de ampliación horaria desde as 8.30 ás 14.30 horas. O último día de cada campamento faremos unha saída e chegaremos ás 17.00 h. Cada participante deberá traer a súa comida. Estas datas serán os días: 5 e 19 de xullo, 2, 16 e 30 de agosto.

Prezo: só campamento: 35,00 €. Con ampliación horaria: de 38,00 a 42,50 €

  • Modalidade A: das 10.00 ás 14.30 h = 38,00 €
  • Modalidade B: das 9.00 ás 14.00 h = 40,00 €
  • Modalidade C: das 9.00 ás 14.30 h = 42,50 €
  • Modalidade D: das 8.30 ás 14.00 h = 42,50 €
  • Modalidade E: das 8.30 ás 14.30 h = 45,00 €

Prazas: 1.350 prazas. Reservarase unha porcentaxe de prazas de cada quenda (adxudicadas segundo o número de sorteo) para solicitantes con diversidade funcional nun grao que lles permita participar nas actividades co grupo. Nestes casos, non se acometerán tarefas que requiran funcións médicas ou hixiénico-sanitarias.

Pago: a cota correspondente aboarase mediante transferencia á conta: ES76 2080 0036 6230 4002 1977.

Enviarase o seu comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org xunto co nome do/a participante, a quenda, o centro e modalidade horaria correspondentes. En caso de non realizar o pago ou non enviar o comprobante bancario, nos devanditos prazos a praza quedará vacante, e serán chamadas as persoas solicitantes da lista de espera para cubrila. Se unha vez aboada a cota non fose posible realizar o campamento, só se devolverá o seu impornte se se cobre a praza con outra persoa solicitante.

Sede: Fórum Metropolitano e Centro Ágora

Máis información

  • Campamentos Verán 2024 Fórum e Ágora (428 KB)
OMIC

Escola de Verán da OMIC

Persoas destinatarias: nenas e nenos nados do 01/01/2014 ao 31/12/2020

Datas: do 1 ao 31 de xullo en dúas quendas:

  • Quenda 1: do 1 ao 15 de xullo
  • Quenda 2: do 16 ao 31 de xullo

Grupos: 2

Horario: de luns a venres en horario de mañá. De luns a venres das 09.00 ás 14.00 h pero por motivos de conciliación as persoas participantes poderán acceder ás instalacións a partir das 08.15 h e permanecer ata as 14.45 h

Prezo: gratuíto

Prazas: 80

Sede: Centro Municipal de Emprego Os Rosales (Carretera dos Fortes ao monte de San Pedro, 16)

Outra información de interese: as persoas asistentes ás actividades recibirán cada día unha merenda infantil saudable. Os irmáns ou irmás deberanse anotar de forma correlativa. Se non é así, non se garante que estean xuntos/as. No caso de que haxa duplicidade nalgunha solicitude por realizala dúas persoas distintas para un/unha mesmo/a menor terase en conta a realizada en último lugar. A inscrición para as persoas participantes que obtivesen praza realizarase exclusivamente a través da páxina web de municipal coruna.gal/campamentos2024

Máis información

  • Campamentos Verán 2024 OMIC (243 KB)
Deportes

Campamentos deportivos

Persoas destinatarias: nenas e nenos nados do 1/01/2011 ao 31/12/2018

Datas: do 1 de xullo ao 30 de agosto

  • Quenda 1: do 1 ao 15 de xullo
  • Quenda 2: do 16 ao 31 de xullo
  • Quenda 3: do 1 ao 15 de agosto
  • Quenda 4: do 16 ao 30 de agosto

Horario: de luns a venres en horario das 09.00 ás 14.00 h (08.30 a 14.30 h ampliado)

Prezo: 48,18 euros

Prazas: 480 prazas en total, 120 por quenda. Ofértanse prazas para menores con diversidade funcional.

Pago: presencial nas oficinas do Palacio de Deportes de Riazor

Sede: Cidade Deportiva de Riazor

Outra información de interese: actividades deportivas, deportes náuticos ou natureza e outras actvidades dinamizadoras: roupa deportiva e bañador.

Máis información

  • Campamentos Verán 2024 Deportivos (246 KB)

Listas de persoas preinscritas, admitidas e outra documentación

Inicio / 

TipoNomeDataTamaño
 Campacoles (Federación Provincial de ANPAS e Concellería de Educación)  
 Campamentos de día  
 Campamentos de mocidade  
 Campamentos deportivos  
 Campamentos Fórum e Ágora  
 Campamentos Summer Talk  
 Campamentos tradicionais de pernoctación  
 Campamentos urbanos en centros cívicos  
 Escola de Verán da OMIC  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión